GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Catro de cada dez dos mellores alumnos de España prefiren traballar no estranxeiro

(14/05/2014)

Catro de cada dez dos mellores alumnos de España prefiren traballar no estranxeiro

O 50 % conformaríase cun soldo no seu primeiro traballo situado entre os 15.000 e os 20.000 euros

Entre os sectores de actividade máis solicitados atópanse o dos servizos profesionais (31 %), seguido da banca (29 %), a xestión de arquivos e o consumo, ambos cun 9 %.

En canto aos aspectos máis importantes á hora de elixir unha empresa sitúanse, por esta orde, o desenvolvemento profesional, un bo ambiente de traballo, os programas de formación continua e a proxección internacional.

Doutra banda, un 87 % dos enquisados quere acceder de inmediato ao mercado laboral tras finalizar os seus estudos, e o 50 % considera que as bolsas son a forma máis rápida de conseguilo.

Con respecto ás súas expectativas salariais o 50 % conformaríase cun soldo no seu primeiro traballo situado entre os 15.000 euros e os 20.000 euros, un 17 % eleva esta cantidade ata os 30.000 euros e só un 10 % aspira a gañar máis de 35.000 euros.

Así mesmo, un 65 % dos enquisados quere traballar nunha empresa na que as relacións laborais sexan informais, non existan categorías xerárquicas marcadas e a información flúa de formar horizontal.

«As conclusións deste estudo sinalan un maior interese dos estudantes por incorporarse a organizacións que lles permitan desenvolverse e continuar a súa formación, valorando de forma moi positiva aquelas que facilitan contornas internacionais para desenvolver a súa carreira», sinala o socio responsable de People de KPMG en España, Segor Teclesmayer.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas