GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Exteriores convoca 450.000 euros en axudas para organizacións que traballan con emigrantes en situación de necesidade

(13/05/2014)

Exteriores convoca 450.000 euros en axudas para organizacións que traballan con emigrantes en situación de necesidade

 

Redacción, Madrid | 12 Maio 2014 - Crónicas da Emigración

 

 

O Ministerio de Asuntos Exteriores publica hoxe luns, día 12, no Boletín Oficial do Estado unha resolución pola que se convocan subvencións por importe de 450.000 euros para organizacións que traballan no estranxeiro con españois emigrados en situación de necesidade.

Segundo detalla a orde, o obxecto das subvencións é a concesión de "axudas económicas a institucións asistenciais domiciliadas no exterior que, a iniciativa propia prestan de forma gratuíta ou semigratuíta axuda a cidadáns españois no estranxeiro, en estado de necesidade e carentes de recursos propios, co fin de estimular, compensar e complementar a actuación asistencial das devanditas institucións".

As axudas deberán destinarse a gastos para a asistencia social, sanitaria ou análoga aos devanditos españois e, excepcionalmente, a gastos de mantemento ordinario das instalacións que os acollen, e de reparación ou reposición de elementos imprescindibles para a súa asistencia realizados durante o ano no que se concedan as subvencións.

A contía das axudas, que son compatibles coas doutras administracións públicas, non poderá exceder de xeito individualizado os 40.000 euros. En ningún caso o importe da subvención poderá exceder, nin de xeito individualizado nin en concorrencia con outras axudas, o custo total da actividade subvencionada.

O prazo de presentación das solicitudes é dun mes dende o martes, día 13.

BOE. Convocatoria de Exteriores para ayuda asistencial

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas