GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Comisión Sociolaboral do CGCEE centrou a súa reunión nos temas sanitarios e as pensións dos retornados

(12/05/2014)

A Comisión Sociolaboral do CGCEE centrou a súa reunión nos temas sanitarios e as pensións dos retornados

 

E. Fernández, Vigo | 10 Maio 2014 - Crónicas da Emigración.

María Teresa Michelón presidió, junto a Miras Portugal y Eduardo Dizy, la comisión.

María Teresa Michelón presidiu, xunto a Miras Portugal e Eduardo Dizy, a comisión.

Os españois residentes en países de Centroamérica que traballan por conta allea quedaron en desvantaxe con respecto aos residentes no territorio á hora de recibir atención sanitaria en España, tras a entrada en vigor da Lei 16/2012 de medidas urxentes para garantir a sostibilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións. Así púxoo de manifesto o representante do CRE pola República Dominicana, Eduardo Pahíno, durante a reunión da Comisión Sociolaboral do Consello Xeral da Cidadanía Española no Exterior (CGCEE), presidida pola conselleira María Teresa Michelón e celebrada en Madrid os pasados días 5 e 6, e á que asistiu o director xeral de Migracións, Aurelio Miras Portugal, e o presidente do CGCEE, Eduardo Dizy. A secretaria xeral de Inmigración e Emigración, Marina del Corral, tamén quixo saudar os membros desta Comisión.

Segundo Eduardo Pahíno, coa nova Lei, os españois no exterior que traballan por conta allea e que residen en países cos que España non asinou un convenio de bilateralidade en materia sanitaria, como é o caso de Venezuela ou República Dominicana, teñen serias dificultades á hora de ser atendidos pola sanidade española e as circunstancias tamén varían dunhas comunidades a outras, xa que, segundo comenta, no caso de Galicia, poden recibir asistencia só en caso de urxencia.

Pahíno puxo en coñecemento dos integrantes da Comisión a insatisfacción e inseguridade que xera entre o colectivo afectado a actual normativa - "coa que non está contento ninguén", dixo- e recordou a proposta realizada á Administración para que se lles permitise contribuír cunha cota que lles dese dereito a facer uso da sanidade española en igualdade de condicións que os residentes no territorio.

Queremos contribuír para soster o sistema sanitario" español, asegura Pahíno, quen reitera que a lei actual non lles "garante o dereito á asistencia sanitaria", malia que a Administración di que está garantido.

"Está garantido de dereito, pero non de feito", matiza, e pon o exemplo das garantías de dereito que se recoñecen os españois na Constitución para que teñan un traballo ou unha vivenda digna, pero a realidade "non" é así" e só poderase gozar de atención sanitaria "despois dunha armazón burocrática moi arrevesada, moi dificultosa," comenta.

Por ese motivo, durante a reunión acordouse facer outra nova proposta e solicitar a presenza no próximo pleno do Consello Xeral dun representante do Ministerio de Sanidade para que atenda á reclamación e dea explicacións ao respecto.

Ademais de facer fincapé neste asunto, a Comisión Sociolaboral tamén se centrou nos problemas que poden xerar os españois que residan fóra do territorio nacional por un período superior a 90 días as novas medidas sobre a validez da tarxeta sanitaria española.

Durante a reunión abordouse ademais o conflito dos pensionistas retornados con Facenda, que lles reclama cantidades atrasadas e sancións por eludir declarar as pensións que perciben de países estranxeiros. Sobre o particular, a Comisión acordou pedir que se deixen sen efecto as sancións impostas, posto que aos afectados non lles foi comunicada a necesidade de declarar as devanditas cantidades.

Malia recoñecer a obriga de todo cidadán de contribuír ao pagamento de impostos, os integrantes da Comisión reiteraron que no ánimo destes pensionistas non figuraba a intención de delinquir, de aí que pidan que se lles retire a sanción.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas