GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O BOE publica a convocatoria da Dirección Xeral de Migracións de axudas do programa de mozos

(09/05/2014)

O BOE publica a convocatoria da Dirección Xeral de Migracións de axudas do programa de mozos

 

Redacción, Madrid | 08 Maio 2014 - Crónicas da Emigración

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou este xoves, día 8, a resolución pola que a Dirección Xeral de Migracións convoca para 2014 as axudas do programa de mozos da Orde ESS/1650/2013, do 12 de setembro.

O obxecto da convocatoria é a realización no exterior das seguintes actividades:

. Actuacións para a integración social e laboral dos mozos, entre elas, as de información, orientación profesional e asesoramento no exterior sobre emprego e emprendimento.

. Programas de formación, especialización profesional e de emprendimento, que permitan a incorporación no mercado laboral do país de residencia.

. Programas de perfeccionamento de lingua estranxeira no país de residencia.

. Programas que faciliten o retorno, así como a participación en proxectos emprendedores en España.

As actividades subvencionadas terán como destinatarios finais mozos españois, menores de 35 anos, que acrediten un período de residencia no exterior de polo menos un mes no momento de publicarse esta convocatoria. O requisito de residencia previa non será necesario para as accións de información, orientación profesional e asesoramento no exterior sobre emprego e emprendimento.

En todo caso, os beneficiarios finais deberán estar inscritos no Rexistro de Matricula Consular correspondente no momento de inicio da actividade.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación no Boletín Oficial do Estado desta resolución.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas