GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigrantes sancionados por Facenda protestaron en Foz

(06/05/2014)

Emigrantes sancionados por Facenda protestaron en Foz

Rexes: «Dicimos que se pague, pero non con carácter retroactivo»

Escrito por:

06 de maio de 2014 

 

 

A última protesta de emigrantes retornados da comarca celebrouse onte pola mañá ante a delegación de Facenda de Foz. pepa losada

 

Os emigrantes mariñáns retomaron as súas protestas contra as sancións que lles está impondo Facenda. Onte, secundando a convocatoria realizada pola Coordinadora Nacional Galega de Emigrantes Retornados, concentráronse pola mañá ante a delegación do devandito organismo en Foz, portando unha pancarta na que se lía «Emigrantes retornados, pensionistas defraudados».

Segundo explicou un dos portavoces dos afectados, Lionel Rexes, o que demanda o colectivo é que se eliminen as sancións e o seu carácter retroactivo, que non se paguen intereses de demora e que se modifique a lei que afecta a todos aqueles contribuíntes que, ao percibir emolumentos de dous pagadores, están obrigados a declarar.

Rexes fai unha matización: «nosoutros dicimos que se pague, pero desde este exercicio, non con carácter retroactivo». Sobre todo, engadiu, cando a propia administración tributaria, ao ser consultada por eses emigrantes retornados, indicoulles no seu día que non tiñan obrigación de declarar.

Desde o colectivo de afectados sinalan que non van cesar nas súas reivindicacións: «\ moito ánimo e non imos cesar na loita. Isto vai ir a Bruxelas e \ fe en que dende alí se lle dea un toque a España» polo que consideran é unha inxustiza. Na comarca levaron a cabo nos últimos meses numerosas iniciativas, tantas protestas na rúa como a través de mocións presentadas nos distintos concellos, pedindo que deixe de aplicarse sancións aos inmigrante que, na súa maioría eran completamente ignorantes da obrigatoriedade que tiñan de declarar ao percibir cantidades de dúas administracións diferentes: a española e a do país no que estiveron emigrados.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas