GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os musulmáns de Arteixo piden que se adapte o cemiterio ao seu rito

(05/05/2014)

Os musulmáns de Arteixo piden que se adapte o cemiterio ao seu rito

O colectivo baséase no crecemento da comunidade no municipio

Cabe sinalar que o rito fúnebre deste colectivo contempla o lavado e purificación do falecido para despois envolvelo nun sudario, unha especie de tea branca sen costuras. Unha vez realizado este ritual, débese enterrar ao finado directamente na terra, sen cadaleito e orientado cara á Meca.

Pero este non é o único colectivo que reclama espazo no camposanto municipal. Os evangélicos de Arteixo ha solicitaron en reiteradas ocasións a construción dun cemiterio civil onde poidan enterrar aos seus defuntos, sen ter que solicitar permiso ao arcebispado ou ao sacerdote encargado do cemiterio antes de poder enterrar aos seus falecidos nel.

Pola súa banda, o Concello de Arteixo xa anunciou que o municipio disporá dun cemiterio civil, xunto ao novo camposanto, pero haberá que esperar ata a aprobación do Plan Xeral, que non será ata o 2018: «No documento de inicio xa haberá unha reserva de chan para este cemiterio civil, que estará situado xunto ao actual e terá unha extensión aproximada de entre cinco mil e dez metros cadrados», indicou o goberno local que recorda que todos os cemiterios que hai no municipio son católicos e que nas localidades con máis de 31.000 habitantes deben dispor dun camposanto de propiedade municipal. Ademais, o goberno local tamén explica que o futuro Plan Xeral contempla unha reserva de chan en todos os cemiterios da parroquias para posibles ampliacións.

Doutra banda, o Concello quere deixar claro que a construción dun cemiterio municipal non significa que os finados se poidan enterrar de forma gratuíta: «Do mesmo xeito que no resto dos camposantos, deberán adquirir as parcelas reservadas para tal efecto», indicou o goberno local sobre este aspecto.

A creación do cemiterio de propiedade municipal multiplicará a oferta de panteóns e tumbas autorizadas no municipio, que na actualidade xa dispón de máis oferta que demanda. Proba diso é que o Arcebispado de Santiago solicitou no 2005 licenza no Concello para a construción de 720 nichos. Nove anos despois, tan só se construíron 126 e non se venderon todos a pesar de que o panteón de oito nichos custa preto de nove mil euros.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas