GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os romaneses son xa o segundo colectivo máis numeroso entre os foráneos

(23/04/2014)

Os romaneses son xa o segundo colectivo máis numeroso entre os foráneos

 

 

 

Así como o padrón de Galicia empezou a caer un ano antes que no conxunto de España, a poboación residente de orixe estranxeira descendeu un ano máis tarde que no resto do Estado. Desde o 2013 o colectivo de inmigrantes doutros países descendeu en Galicia.

 

Estranxeiros

Menos de cen mil.

Entre o 2004 e o 2012 a poboación de estranxeiros practicamente duplicouse en Galicia ao chegar a 112.183 integrantes. Desde entón ese continxente comezou a diminuír e perdeu xa 14.320 membros froito do retorno aos seus países por mor da crise, ou pola procura en terceiros de mellores oportunidades laborais.

 

Á cola

3,6 % da poboación. Unicamente Estremadura conta cun colectivo estranxeiro menor que o de Galicia respecto da poboación total da comunidade. Cun descenso de 0,4 puntos porcentuais no último ano, os inmigrantes doutros países que residen na comunidade galega representan o 3,6 % do total do padrón. En Estremadura dito volume baixa a un 3,4, mentres que no extremo contrario xorde Baleares cun 18,3 %.

 

Retroceso

Portugal e América.

O país veciño segue sendo o principal aportador de residentes estranxeiros en Galicia, pero a procura en masa doutros horizontes por parte da emigración lusa, lanzada agora ás súas antigas colonias e Brasil fundamentalmente, fixo que o número de portugueses teña baixado no último ano en 3.027 persoas, e estean rexistrados agora 18.645. Os censos de arxentinos, bolivianos, brasileiros e peruanos tamén han consignados notables descensos.

 

Romanía gaña a Brasil

Agora os segundos en Galicia. O descenso na colonia brasileira en Galicia converteu aos romaneses no segundo grupo estranxeiro máis numeroso, a pesar de ter descendido tamén. Agora hai 9.184 romaneses dados de alta no padrón publicado onte polo INE.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas