GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Dirección Xeral de Migracións convoca as axudas de 2014 para o exterior

(22/04/2014)

A Dirección Xeral de Migracións convoca as axudas de 2014 para o exterior

 

 

Redacción, Madrid | 21 Abril 2014 - Crónicas da Emigración

O Boletín Oficial do Estado (BOE) do pasado xoves, día 17, publicou as convocatorias de axudas dos programas de Asociacións, Maiores e Dependentes, Comunicación e Centros da Dirección Xeral de Migracións.

O programa destinado ás asociacións ten por obxecto contribuír ao financiamento dos gastos de funcionamento das federacións, asociacións e centros españois no exterior, así como subvencionar os gastos ocasionados polas reparacións e o mantemento dos centros e instalacións de entidades radicadas no exterior, cuxa finalidade sexa a asistencia social, sanitaria e sociocultural en favor dos españois do exterior.

Poderán beneficiarse destas axudas as institucións que conten con máis de 50 asociados, que desenvolvan un labor asistencial a favor dos españois do exterior e que non teñan ánimo de lucro.

A partida presupostaria para este programa ascende de 600.000 euros.

O programa de Maiores e Dependentes, para o que Migracións ten asignada unha partida presupostaria de 2.600.000 euros, ten como obxecto mellorar as condicións de vida dos españois maiores ou dependentes no exterior mediante o apoio a centros sociais, centros de día e residencias de maiores e para a realización de actividades de carácter informativo, social ou asistencial das institucións que teñan como finalidade a atención do devandito colectivo.

Ata un total de 500.000 euros destinará a Dirección Xeral de Migracións para o programa de Comunicación cuxo labor é a realización de accións no ámbito da comunicación dirixida á cidadanía española no exterior a través de medios escritos ou audiovisuais, tales como prensa, radio, cine, televisión e Internet, así como a realización de accións referidas á distribución de publicacións periódicas especializadas de prensa escrita entre os centros e asociacións de españois no exterior.

O programa de Centros, pola súa banda, conta cunha dotación presupostaria de 700.000 euros, e ten por obxecto contribuír a sufragar os gastos de obra nova, obras de rehabilitación e adaptación dos edificios e instalacións, e adquisición de equipamento, das entidades radicadas no exterior, cuxa finalidade sexa a asistencia social, sanitaria e sociocultural a favor dos españois do exterior.

O prazo de presentación das solicitudes é o 7 de maio, 20 días naturais a contar dende o día seguinte da publicación no BOE.

 

  • BOE Programa de Asociaciones
  • BOE Programa de Centros
  • BOE Programa de Comunicación
  • BOE Programa de Mayores y Dependientes 
  •  

  •  

     

     

    Novas e Actualidade


    Titulares
    Histórico


     ACTIVIDADES

    Abril 2024
    LMMeXVSD
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728
    2930     
           



     AREA DE TÉCNICOS

     Usuario:
     Contrasinal:
     

     
    ¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

    OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

    (c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
    FEGAMPinmigracion@fegamp.es
    Xunta de Galicia

    Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas