GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Observatorio hispano-marroquí sobre a emigración preséntase en Rabat

(09/04/2014)

O Observatorio hispano-marroquí sobre a emigración preséntase en Rabat

 

EFE
08/04/2014
AA

Rabat, 8 outubro (EFE).- O recén creado Grupo hispano-marroquí de investigación sobre a emigración foi presentado hoxe en Rabat coa intención de promover un intercambio de ideas sobre o fenómeno migratorio que transcenda o ámbito político.

O grupo naceu grazas á colaboración entre estudantes de varias universidades marroquís (Agadir, Fez, Meknés e Rabat) con outras españolas (Complutense de Madrid, UNED, Navarra e de Extremadura) e do Consello Superior de Investigacións Científicas.

Na súa presentación na sede do Instituto Cervantes de Rabat, Alberto Muro, da Universidade de Extremadura e un dos impulsores desta iniciativa, expresou a súa intención de que o observatorio non se limite "a publicar artigos", senón ademais a dotar de apoios e asesoría á sociedade civil e ás institucións en materia migratoria.

Igualmente o Observatorio nace coa idea de buscar fondos, formular proxectos propios e crear doutorados específicos sobre a cuestión migratoria, recalcou.

Os distintos relatores do ámbito institucional marroquí, universitario ou da sociedade civil subliñaron todos a íntima conexión existente entre Marrocos e España debido aos fluxos migratorios, pero chamaron a atención sobre a evolución destes fluxos.

Concretamente, España pasou de ser nos últimos anos un país case exclusivamente de recepción de inmigrantes a ser un país emisor, contrariamente ao sucedido en Marrocos, país que deixou de ser meramente de tránsito para a emigración subsahariana a converterse en terra de acollida para miles de persoas. EFE

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas