GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Mariano Rajoy: "A emigración debe ser unha opción, non unha obriga de supervivencia"

(04/04/2014)

Mariano Rajoy: "A emigración debe ser unha opción, non unha obriga de supervivencia"

 

| 03 Abril 2014 - Crónicas de la Emigración

Rajoy posa con los presidentes de Europa y África en la Cumbre.

Rajoy posa cos presidentes de Europa e África no Cumio.

 

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, afirmou que "a emigración debe ser unha opción, non unha obriga de supervivencia" durante a súa intervención no Cumio Unión Europea-África que tivo lugar en Bruxelas. Rajoy dixo que hai que apoiar os países de orixe e tránsito dos fluxos migratorios e cooperar no seu desenvolvemento económico.

O xefe do Executivo manifestou que as nacións deben dar aos mozos de África unha alternativa á migración irregular e "cooperar para frear esta traxedia cunha axeitada xestión dos fluxos migratorios, un control das fronteiras máis eficaz e unha persecución sen cuartel aos que seguen lucrándose co tráfico de seres humanos".

"O principal recurso de África son os seus mozos e o principal desafío é asegurar que cada un deles teña a oportunidade de vivir a súa vida nun ámbito próspero, seguro e pacífico", engadiu.

Mariano Rajoy recordou que España demostrou dende a súa primeira misión en África, no ano 1989, o seu compromiso cos dous asuntos centrais abordados na sesión de traballo: a paz e a seguridade.

España, segundo sinalou, cre en solucións africanas para problemas africanos, polo que apoia a vontade da Unión Africana de dotarse dos medios necesarios para garantir a paz e seguridade en África. Ao seu xuízo, é esencial un enfoque rexional para abordar problemas, riscos e ameazas que afectan a varios países. "Debemos impulsar estratexias rexionais que acheguen solucións integrais e apoiarnos nas organizacións rexionais africanas, que realizan un valioso papel de mediación e mantemento da paz", dixo.

Neste sentido, o presidente do Goberno recoñeceu o papel da Comunidade Económica de África Occidental, CEDEAO, coa que España mantén unha asociación estratéxica.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas