GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Coordinadora Europea de Emigrantes organiza unhas xornadas de información sobre o mercado laboral

(04/04/2014)

A Coordinadora Europea de Emigrantes organiza unhas xornadas de información sobre o mercado laboral

 

 

Redacción, Lieja | 03 Abril 2014 - Crónicas da Emigración

 

A Coordinadora Europea de Asociacións de Emigrantes Españois (CEAEE) organiza na cidade de Lieja (Bélxica) unhas xornadas de información sobre o Mercado Laboral destinada a mozos españois que están a buscar traballo neste país ou arredores.

Esta actividade, que se realiza coas axudas do Programa para Mozos da Dirección Xeral de Migracións, ten como obxectivo orientar os españois que chegan a diferentes países europeos a buscar un traballo ou montar un negocio.

A todos os participantes se lles dará información, orientación e asesoramento a través de talleres de traballo sobre como buscar traballo, como solicitar currículos, aprendizaxe de idiomas, primeiros pasos administrativos ao chegar a un país, apoio para emprendedores e a Unión Europea e o desemprego xuvenil.

As xornadas terán lugar no Albergue Xuvenil Georges Simenón en Lieja (Bélxica), o fin de semana do 3 e 4 de maio de 2014. A participación é totalmente gratuíta, e aqueles que queiran quedar a durmir poderán facelo por 25 euros por noite, incluído o almorzo.

Máis información no correo electrónico
ceaee.asbl@gmail   ou nos teléfonos 42646909 (fixo Bélxica), 0032 476343535 (móbil Bélxica) e 0034 686103804 (móbil España).

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas