GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

As queixas dos emigrantes ao Valedor en 2013 centráronse nas subvencións e axudas

(04/04/2014)

As queixas dos emigrantes ao Valedor en 2013 centráronse nas subvencións e axudas

Redacción, Vigo | 03 Abril 2014 - Crónicas da Emigración

José Julio Fernández entregó el informe a Pilar Rojo.

José Julio Fernández entregou o informe a Pilar Rojo.

 

Os expedientes de queixas dos residentes no exterior admitidas a trámite polo Valedor do Pobo en 2013 fan referencia, na súa maior parte, a asuntos relativos á solicitude e trámite de subvencións e axudas, debido á "difícil conxuntura económica da crise actual", segundo se recolle no informe que o Valedor enviou ao Parlamento de Galicia.

No devandito informe recorda que durante o ano 2013 a Xunta aprobou actuacións para promover o retorno das persoas emigrantes e dos seus familiares a través do fomento de autoemprego e a actividade emprendedora, subvencionando os gastos iniciais que supón o establecemento como traballadores autónomos ou por conta propia, ou como socios traballadores de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.

Tamén se abriu unha liña de axudas extraordinarias a emigrantes galegos retornados e aos seus familiares cuxo obxectivo é a concesión de axudas extraordinarias e non periódicas dirixidas aos emigrantes galegos retornados e aos seus familiares, para colaborar nos gastos extraordinarios que se derivan do retorno a Galicia, traslado de aparellos, gastos da viaxe de retorno e tradución e legalización de documentos.

Outro exemplo é o programa 'Reencontros na casa' que está orientado a promover o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra e cos seus familiares, fortalecendo así os vínculos de unión con Galicia.

Neste tipo de cuestións, a Administración galega ten capacidade de actuación e, por iso, poden xurdir discrepancias co administrado que sexan obxecto da supervisión do Valedor.

No que respecta a este subapartado de emigración e inmigración, tamén recorda que as competencias están asignadas ao Ministerio do Interior en relación coas queixas relativas a permisos de traballo e residencia ou renovación do pasaporte, que son as reclamacións máis habituais desta subárea.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas