GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta amplía a atención a mulleres inmigrantes vítimas de redes ilegais

(02/04/2014)

A Xunta amplía a atención a mulleres inmigrantes vítimas de redes ilegais

 

N. REDACCIÓN A CORUÑA | Actualizado 01 Abril 2014 - O Ideal Galego

La secretaria xeral da Igualdade visitó Ecos do Sur patricia g. fraga

A secretaria xeralIgualdade visitou Ecos do Sur  patricia g. fraga

 

 

A Xunta, a través da Consellería de Igualdade, amplía a axuda para os programas de atención a mulleres inmigrantes vítimas de trata ou redes de prostitución.
A secretaria xeralIgualdade, Susana López Abella, visitou onte a sede da asociación Ecos do Sur, coa que colabora a Xunta neste tipo de servizo. Ao igual que xa fixo a pasada semana en Lugo, onde visitou Cáritas e Aliada Ultreia, López Abella anunciou aos responsables da entidade que este ano Vicepresidencia repetirá o seu compromiso con Ecos do Sur e aumentará a axuda económica, que pasa dos 29.000 euros, en 2013, a 44.000 este ano.
Ecos do Sur é unha das once entidades sen ánimo de lucro coas que o ano pasado se firmaron convenios de colaboración para desenvolver programas de atención a mulleres en situación de trata ou prostitución. O importe total destes convenios foi de 292.000 euros e as mulleres atendidas 5.153, máis do dobre que o ano anterior.

Teléfono de atención
En relación ao convenio, en 2013 Ecos do Sur atendeu de modo presencial a 202 mulleres, na súa maioría procedentes de Brasil, República Dominicana e Colombia, de idades comprendidas entre os 30 e os 45 anos; estudos medios e cargas familiares. Ademais, a Xunta destaca que outras sesenta usuarias foron atendidas por teléfono na sede da ONG e que o teléfono de atención 24 horas (principal fonte de contacto coas mulleres) acumulou 1.300 chamadas.
O obxectivo do programa é o de contribuír á erradicación da exclusión social e a desigualdade na que se atopan as inmigrantes que exercen a prostitución. As actividades centráronse fundamentalmente nas bisbarras da Coruña e Ordes.

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas