GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Louzán presenta en Bos Aires un libro sobre os centros da emigración pontevedresa

(01/04/2014)

Louzán presenta en Bos Aires un libro sobre os centros da emigración pontevedresa

 

Redacción, Pontevedra | 01 Abril 2014 - Crónicas da Emigración

 

 

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, manterá un encontro cos emigrantes pontevedreses en Bos Aires con motivo da presentación do libro 'Os centros da emigración pontevedresa en Bos Aires', do xornalista Martín Fernández.

O acto terá lugar no Centro Galicia, na rúa Bartolomé Mitre, o próximo martes día 15, ás 20,00 horas.

A publicación do mencionado libro corresponde a un compromiso adquirido polo propio Louzán cos colectivos de emigrantes pontevedreses para escribir a súa historia na capital porteña.

Para cumprilo, encargou a realización de dous libros. Por unha parte, o xa publicado 'Historia da emigración pontevedresa en Bos Aires' dos profesores Xosé Manuel Núñez Seixas, Pilar Cagiao, Rocio Botana, Pilar Rojo e Xosé Manuel Malheiro, e o que agora se presentará o día 15, 'Os centros da emigración pontevedresa en Bos Aires' do citado xornalista Martín Fernández.

O primeiro dos libros aborda a historia da diáspora pontevedresa cara a Bos Aires dende unha perspectiva académica e histórica, e o segundo, faino dende unha perspectiva social e interna dos propios centros, recollendo a historia e os feitos máis relevantes de cada un deles na capital arxentina.

O libro de Martín Fernández recolle, con profusión de datos e fotos, a historia dos centros de Lalín, Silleda, Agolada, Fillos do Partido de Lalín, Unión do Partido de Lalín, Centro Cultural da Estrada, Unión de Residentes de Carbia, Fillos do Concello do Grove, Unión Fillos do Grove, Nativos do Concello de Cambados, Fogar de Ribadumia, Asociación de Moraña, Residentes de Vigo e Lavadores, Fillos de Mos, Unión do Val Miñor, Asociación Tui-Salceda e Fillos de Arantei e Villamarín Perojano.

A historia de cada un dos centros mencionados baséase nas propias actas das distintas sociedades dende a súa constitución ata o día de hoxe e está ilustrado con fotos das distintas directivas e de diversos actos sociais celebrados por cada entidade.

No prólogo desta publicación, o propio Louzán destaca que é "unha homenaxe de gratitude, recoñecemento e respecto aos miles de pontevedreses que deixaron a súa terra e marcharon á emigración constituíndo uns centros que son o froito do espírito de unidade e solidariedade que sempre caracterizou os galegos".

Louzán sinala que eses centros son hoxe unha riqueza e un capital social de primeira orde "só falta que, entre todos, saibamos darlle o valor que teñen e animalos a modernizarse, a adaptarse aos tempos e, en certa medida, a reinventarse.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas