GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración amplía ata o 21 de abril o prazo para solicitar as axudas individuais en Venezuela

(01/04/2014)

Emigración amplía ata o 21 de abril o prazo para solicitar as axudas individuais en Venezuela

 

 

Redacción, Santiago | 31 Marzo 2014 - Crónicas da Emigración

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe luns 31 de marzo a ampliación ata o 21 de abril do prazo para solicitar axudas económicas individuais os galegos residentes en Venezuela.

Segundo se explica no propio texto, as "circunstancias especiais" polas que está a atravesar o país sudamericano fixeron que a Secretaría Xeral de Emigración decidise modificar para os residentes en Venezuela a Resolución do 12 de febreiro de 2014 na que se establecía que o prazo para solicitar as axudas finalizaba o 1 de abril.

Na modificación publicada no DOG explícase que a situación de Venezuela está a provocar "grandes dificultades" para que as persoas residentes neste país poidan reunir a documentación axeitada para solicitar as subvencións deste programa, así como para poder ir ata as entidades colaboradoras habilitadas para a presentación electrónica das súas solicitudes".

Ademais recórdase que a "situación socio-política do país está a agravar a situación de escaseza de recursos para a subsistencia, sobre todo en sectores de poboación especialmente sensibles a estes episodios de desgoberno, como o formado polo persoas de idade".

Segundo explican, "en Venezuela residen máis de 40.000 persoas que teñen a condición política de galegos dos cales máis de 15.000 teñen 65 anos ou máis e unha boa parte deles, debido aos procesos inflacionarios, que recorrentemente sofre este país, non dispón de renda abondo para poder conseguir produtos de primeira necesidade ou farmacolóxicos para poder subsistir, polo que as axudas do programa de axudas individuais resultan imprescindibles para a súa subsistencia,".

nAXUDAS E SUBVENCIÓNS
Consulta as axudas e subvencións mais importantes.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas