GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Suiza. O posible impacto da cota migratoria

(31/03/2014)

O posible impacto da cota migratoria

¿Como afectará esta medida á contratación de persoal sanitario en Suíza?

 

Os suízos aprobaron nunha votación celebrada en febreiro deste mesmo ano o restablecemento de cotas migratorias para controlar os fluxos de traballadores proecedentes de países pertencentes á Unión Europea, unha proposta lanzada por un partido de dereitas. Un axustado 50,3 % apoiou esta resolución. ¿Como afectará esta medida á contratación de persoal sanitario no país helvético? A UE, coa que os suízos mantiñan acordos bilaterais, entre eles o de libre circulación, vixente desde o ano 2002, anunciou despois da votación que «revisaría as súas relacións» con este país.

Desde Suíza relativizan tanto o prazo de aplicación da norma como o impacto, sobre todo no referente a traballadores cualificados, xa que consideran que o seu mercado laboral seguirá absorbéndoos nos próximos anos.

Na empresa CarePers consideran que o proceso legal para poder instaurar a citada medida aínda se prolongará durante uns «oito ou nove meses», aproximadamente. Pero, sobre todo, engaden o seu convencemento de que non afectará ao seu sector. Porque argumentan que Suíza non pode renunciar á contratación de persoal sanitario, xa que existe un déficit de traballadores locais e esa demanda seguirá cubríndose. Apuntan a que o cambio normativo que aprobaron os suízos pon a lupa sobre os emigrantes sen cualificación que se instalan no país helvético sen ningún tipo de contrato nin expectativas de traballo a curto ou medio prazo. «E hai que matizar que ese non é o noso caso», recordan.

Neste sentido, a ministra suíza de Xustiza, Simonetta Sommaruga, explicou a altos cargos da UE en Bruxelas a principio deste mes a opción que apoiaran os seus compatriotas nas urnas: «Non votamos contra a inmigración senón que votamos un novo sistema de migración».

En Suíza consideran que a demanda de traballadores cualificados continuará.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas