GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Unha diáspora cultural galega

(28/03/2014)

Unha diáspora cultural galega

Artistas, músicos e outros creadores viven e traballan no estranxeiro, atraídos por maiores oportunidades formativas e laborais

Os primeiros anos do século XXI asisten a unha nova diáspora cultural que se reparte por todos os recunchos do globo, aínda que hai cidades que actúan como verdadeiros imáns. Paradigma disto é Londres, onde viven e traballan artistas, fotógrafos, deseñadores ou cineastas chegados de Galicia. Un deles é a coruñesa Ana Inés Jabares Pita, que viaxou para cursar un máster en escenografía e tan só uns meses despois gañou o premio británico máis prestixioso da disciplina, o Linbury Prize. Jabares elixiu o seu máster londiniense porque era o que mellor se axustaba ás súas necesidades e pola oferta cultural da capital, especialmente na escena. «É o lugar sagrado do teatro», confirma. «Cada vez hai máis e máis talentos galegos por Londres e polo mundo», engade. Moitos deles crean redes de apoio ou colectivos creativos.

Susana Sanromán chegou a Londres «un pouco á aventura, por curiosidade e en busca de novos horizontes». Desde entón xa mostrou a súa obra, ao redor da fotografía e as performances, nunha decena de exposicións na cidade, e este verán tamén se poderá ver en Galicia, en Espasante. Para Sanromán, Londres ofrece como vantaxes «a tendencia á flexibilidade entre as diferentes ramas artísticas, caracterizadas por barreiras elásticas, e artistas sempre dispostos a redefinilas. Esta mobilidade brinda unha oportunidade única ao artista para desenvolver a súa obra de forma máis autónoma e libre». Sanromán cre que ese ambiente é o que buscan moitos creadores galegos cando se propoñen un cambio de escenario. Na súa opinión, «o nivel de educación dos mozos en España supera con fartura ao Reino Unido». Outra cousa é dar saída ás inquietudes. Unha «oferta limitada, a falta de flexibilidade e mobilidade laboral, a limitación de especialización e prácticas nos plans universitarios» son secuelas que desembocan nun «desasosego e decepción» de mozas que buscan alternativas na emigración, traballen na cultura ou noutros ámbitos.

Outro polo de atracción é Alemaña, especialmente para músicos. Confírmao o betanceiro Darío Mariño, quen, despois de pasar polas orquestras Mahler e Filarmónica de Berlín, é clarinetista da formación da Konzerthaus berlinesa. «A música clásica está hoxe en Alemaña e Berlín é o seu máximo expoñente, con sete orquestras A, do máis alto rango dentro da organización orquestral alemá», explica. E non está só: enumera outros galegos como Pablo Lago, trompa solista do teatro de Kiel; Roberto Baltar, oboe solista da NDR de Hannover; Jesús Porta, percusión solista da NDR de Hamburgo...

Máis lonxe está o cambrés Antón Carballo, quen tras os seus inicios no Conservatorio de Culleredo ampliou estudos na Coruña, o País Vasco e Londres, para logo empezar a traballar no Porto e, desde hai dous anos, en Río de Janeiro, coa Orquestra Sinfónica Brasileira. «O meu violino lévame cada vez máis lonxe», afirma, aínda que a trasfega non lle impide esquecerse dos profesores cuxas ensinos foron decisivas na súa carreira. Para Carballo, estudar fose axuda «persoal e profesionalmente», pero na procura de traballo estable en España topouse con dificultades.

Ningún dos catro proponse volver a Galicia a medio prazo, aínda que os que están en Europa contan coa vantaxe dunha relativa proximidade que facilita as visitas. Outra cousa é traballar no seu. «Para calquera persoa sería bo traballar perto da súa casa, pero existen oportunidades que non se poden deixar escapar. Sinceiramente, non sei se voltarei ou non. Estou seguindo as mellores oportunidadades», resume Carballo.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas