GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Decenas de emigrantes retornados concéntranse en Ferrol fronte a Facenda

(26/03/2014)

Decenas de emigrantes retornados concéntranse en Ferrol fronte a Facenda

O colectivo esixe que non se lles trate como a «defraudadores»

JOSÉ PARDO
JOSÉ PARDO

 

Decenas de emigrantes retornados secundaron esta mañá a mobilización convocada en toda Galicia e que en Ferrol se celebrou fronte á sede de Facenda, na zona de Tejeras. Membros da plataforma de afectados de Ferrol, Eume e Ortegal desafiaron o forte ballón que caeu cara ás once da mañá e participaron nunha protesta encabezada por unha pancarta na que podía lerse «Somos emigrantes retornados, non defraudadores. Queremos xustiza».

Refírense con iso ás multas impostas por Facenda a moitos deles por non declarar as pensións percibidas no estranxeiro, que, denuncian, en todo momento se lles asegurou desde as propias oficinas tributarias, que non debían declarar. Con todo, comezaron a recibir avultadas sancións nas que se lles esixe o pagamento retroactivo de cinco anos. O colectivo reclama que se anulen esas multas.

A protesta desta mañá forma parte do calendario de mobilizacións emprendido pola plataforma.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas