GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inmigración. España, un dos países europeos con menor taxa de peticións de asilo

(25/03/2014)

Inmigración. España, un dos países europeos con menor taxa de peticións de asilo

 

 

lainformacion.com

luns, 24/03/14

España é un dos países coas taxas máis baixas de peticións de asilo, xa que o ano pasado recibiu 4.485 solicitudes, o que supón unha proporción de 95 por cada millón de habitantes, segundo datos dados a coñecer este luns por Eurostat, a oficina comunitaria de estatísticas.
Eurostat sinalou que a UE rexistrou ao redor de 434.160 peticións de asilo durante o ano pasado (o 90% eran novos solicitantes e o 10% volveron reclamala), o que supón un 30% máis respecto aos 335.000 de 2012.
Alemaña rexistrou o maior número de solicitantes (126.705, o 29% do total), seguida de Francia (64.760, o 15%), Suecia (54.270, o 13%), Reino Unido (29.875, o 7%) e Italia (27.930, o 6%). Estes cinco países representan o 70% de todas as peticións que chegaron á UE o ano pasado.
En comparación coa poboación de cada Estado membro, as taxas máis altas recolléronse en Suecia (5.680 solicitantes por cada millón de habitantes), Malta (5.330), Austria (2.070), Luxemburgo (1.990), Hungría (1.905) e Bélxica (1.885).
Neste caso, España foi un dos países con menor taxa proporcional ao volume da súa poboación, con 95, só por diante de Portugal (50), República Checa (65), Romanía (75), Eslovaquia (80).
Por outro lado, os sirios encabezaron o principal grupo de solicitantes de asilo na UE, con 50.470 peticións (12%), por diante dos rusos (41.270), os afgáns (26.000), os Serbios (22.000), os paquistanís (21.000) e os kosovares (20.000).
Polo que respecta a España, o principal número de demandas de asilo proveu de cidadáns de Malí (1.470, un 33% do total), seguidos dos de Sirya (725, un 16%) e os de Alxeria (350, un 8%).
O 65% das solicitudes de asilo que chegaron á UE o ano pasado foron rexeitadas, mentres que a un 15% de lles concedeu o estatuto de refuxiado, un 14% a protección subsidiaria e un 5% a autorización de residencia por razóns humanitarias.


(SERVIMEDIA)

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas