GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Ares. O Concello prepara os actos do 110 aniversario da Alianza Aresana

(19/03/2014)

O Concello prepara os actos do 110 aniversario da Alianza Aresana

Foi o primeiro colexio de Galicia construído grazas ás axudas dos emigrantes

Foi o primeiro colexio de Galicia construído grazas ás axudas dos emigrantes. A Alianza Aresana cumpre o seu 110 aniversario, agora reconvertida en centro cultural do municipio, con varias actividades deseñadas polo Concello a través da área de Cultura que dirixe o socialista Eugenio Fernández, para celebrar o aniversario.

O vindeiro xoves día 20, data na que se festexa o aniversario, arrincarán os actos cunha conferencia no salón de actos da Alianza. O historiador local Javier Vilasánchez impartirá a charla A consciencia dun pobo, que arrincará ás 19.30 horas.

As actividades continuarán o venres día 28 coa proxección do documental sobre a vida e obra de Andrés Dobarro, Ou tren que me leva, dirixido por Anxo Fernández. A proxección terá lugar tamén no salón de actos da Alianza, ás 19.30 horas.

 

A entrada a ambos os actos é libre e gratuíta, explica o concelleiro, e desde o Concello invitan a todos os veciños e interesados a asistir.

 

Sociedade de instrución decana

A Alianza Aresana é a decana das sociedades de instrución galegas. Foi o primeiro edificio destas características que se construíu en Galicia grazas ás axudas de emigrantes, concretamente a entidade Alianza Aresana, unha asociación fundada en Cuba no ano 1904, encargouse do seu financiamento. O primeiro presidente da entidade, Domingo Troche, impulsou a conversión da asociación en colexio para axudar a que os nenos aresanos puidesen acceder á educación básica.

Actualmente acolle as instalacións da biblioteca municipal e a celebración de actos culturais, e está aberto ao público en horario de 9 a 14 e de 16.30 a 20 horas.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas