GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Concentración de emigrantes retornados fronte á sede de Facenda en Ferrol

(18/03/2014)

Concentración de emigrantes retornados fronte á sede de Facenda en Ferrol

O colectivo entregou escritos coas alegacións ás multas impostas por pensións non declaradas

Unha trintena de emigrantes retornados concentráronse esta mañá durante ao redor dunha hora fronte á sede de Facenda en Ferrol. Os afectados pola esixencia de pagamentos por pensións percibidas no estranxeiro non declaradas, polas que agora, ademais, o Goberno central impúxolles sancións e o pagamento retroactivo desde cinco anos atrás, presentaron escritos no rexistro coas alegacións a estas multas. Ademais, anunciaron que o vindeiro martes día 25 deste mes, realizarán unha nova mobilización fronte a Facenda de once da mañá a unha da tarde, que se realizará en todas as cidades galegas.

A plataforma de emigrantes retornados de Ferrolterra, Eume e Ortegal denuncia que integrantes de Facenda díxolles no seu día que non era necesario declarar esas pensións, xa que computaban como divisas, e que agora lles impoñen cuantiosas multas a persoas maiores, «o colectivo máis vulnerable».

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas