GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Queres votar nas eleccións presidenciais de Colombia o próximo 25 de maio?

(17/03/2014)

Queres votar nas eleccións presidenciais de Colombia o próximo 25 de maio?

 

 

Queres votar nas próximas eleccións do 25 de maio para elixir Presidente e Vicepresiente?


www.parainmigrantes.info luns 17 marzo, 2014

 

 

 

Se es colombiano, vives no exterior e estás interesado en exercer o teu dereito ao voto nas eleccións do próximo 25 de maio, para elixir Presidente e Vicepresidente, tes de prazo ata o 25 de marzo de 2014 para inscribir a túa cédula de cidadanía.

Pódelo facer da seguintes formas, tanto online coma presencial:

Forma online: Debes entrar á páxina web do Consulado de Colombia, e facer click na imaxe sobre as inscricións de cédulas Eleccións 2014, levaranos a unha nova páxina onde poderemos completar o formulario electrónico onde indicaremos a información básica que esixe a Rexistraduría Nacional. Tamén podes acceder directamente picando sobre esta imaxe:

inscripción de cédulas de ciudadanía colombianas


Logo de surtir este paso, deberás acudir ás oficinas consulares coa túa cédula ou pasaporte vixente para rexistrar a pegada dixital. Con este último procedemento dáse por formalizada a inscrición da túa cédula de cidadanía.

Forma presencial: Os colombianos no exterior tamén se poden achegar persoalmente, coa súa cédula de cidadanía ou pasaporte, aos consulados que circunscribe a zona do lugar onde se encontran no exterior para que un funcionario dese Consulado tome o rexistro dos datos persoais e a súa pegada dixital.

Os colombianos que residen no exterior deben ter en conta que as inscricións que se realicen a partir da data unicamente serán válidas para exercer o dereito ao voto nas eleccións de Presidente e Vicepresidente do próximo mes de maio de 2014.

Se xa exerciches o dereito ao voto nas pasadas eleccións e queiras votar de novo e realízalo no mesmo posto non necesitarás inscribirse novamente.

 

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas