GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Feijóo pide aos emigrantes galegos "que se convertan nos representantes de Galicia en México"

(17/03/2014)

Feijóo pide aos emigrantes galegos "que se convertan nos representantes de Galicia en México"



Redacción, México D.F. | 16 Marzo 2014 - Crónicas da Emigración


Alberto Núñez Feijóo y Luis Piñeiro aplauden una de las intervenciones.

Alberto Núñez Feijóo e Luis Piñeiro aplauden unha das intervencións.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pediu este sábado, día 15, aos emigrantes galegos en México -ao igual que fixo na xornada do venres cos empresarios galegos afincados no país-, que continúen traballando por Galicia e fomentando os intercambios comerciais entre ambos os dous territorios xa que, recordou, os emigrantes son o mellor activo de Galicia no exterior. Así o dixo durante o encontro que mantivo coa colectividade galega no país azteca, durante o cal se lle rendeu homenaxe a Luis Piñeiro, presidente durante 12 anos do Centro Galego de México.

"Na xornada de onte eu propoñíalles a vostedes que intentasen traballar por Galicia e que se convertesen nos representantes de Galicia en México", un país de case 120 millóns de habitantes e unha cidade, México D.F., que conta con 20 millóns de cidadáns, indicou. "E quero reiterarlles esa oferta", subliñou Feijóo, recordando a este respecto as posibilidades de importación de produtos galegos cara ao país azteca, entre as que destacou a de produtos agroalimentarios como o viño galego ou o xamón de porcos criados con castañas.

Na súa intervención, o presidente da Xunta recordou que a excelente acollida de Galicia en México e a alianza estratéxica selada entre ambos os dous territorios é froito dun longo camiño percorrido antes polos emigrantes.

"En México fomos acollidos polo Goberno mexicano, polo Goberno de Pena Nieto e pola grande empresa petroleira Pemex,". "Hai un ano e medio, aproximadamente, asinamos un acordo estratéxico con Pemex para facer barcos en Galicia, tanto en Vigo coma en Ferrol, e hoxe podemos confirmar, despois da reunión que mantivemos co director xeral da petroleira, que conseguimos xa máis carga de traballo, máis barcos que os que inicialmente tiñamos previstos", manifestou Feijóo ao respecto.

Centro Galego de México e Luis Piñeiro

O xefe do Executivo autonómico tamén quixo destacar o labor desenvolvido polo Centro Galego de México, unha institución con 103 anos de historia, e o traballo levado a cabo por Luis Piñeiro, que pilotou a entidade, nos últimos 12 anos: "Luis estivo tres lexislaturas, doce anos, á fronte de Galicia en México e, polo tanto, estivo á fronte dunha entidade centenaria (...); unha entidade que ten tantos anos como anos teñen as familias que viñeron a este país e que quedaron, a maioría delas, e que se remontan xa ao século pasado", sinalou.

"Para min é unha honra poder estar hoxe aquí, non para despedir, senón simplemente para agradecer a un amigo doce anos de traballo, doce anos de esforzo e doce anos de desvelos e de compromisos con Galicia e, en consecuencia, con España," aseverou Feijóo, incidindo en que Luis Piñeiro deixa un "centro remodelado e ampliado". "Aguantar durante doce anos as dificultades económicas de España e de Galicia non foi doado", recoñeceu o presidente da Xunta, quen subliñou que o importante "non" é ter superado os momentos doados", senón que o importante é facerlle fronte aos momentos de dificultade.

O titular da Xunta rematou a súa intervención desexándolle ao novo presidente do Centro Galego de México, Florencio Gulías, éxito á fronte desta institución centenaria: "Florencio, moitas grazas polo teu traballo; sei que vas facer un excelente labor".

A colectividade galega de México está formada, actualmente, por ao redor de 11.500 persoas, das que só preto de 3.000 son orixinarias de Galicia.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas