GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Secretaría Xeral de Emigración fai pública a convocatoria de talleres e seminarios para 2014

(14/03/2014)

A Secretaría Xeral de Emigración fai pública a convocatoria de talleres e seminarios para 2014

 

 

Redacción, Santiago | 14 Marzo 2014 - Crónicas da Emigración

 

O Diario Oficial de Galicia recolle este venres, día 14, a resolución da Secretaría Xeral de Emigración pola que se establecen as bases reguladoras para o desenvolvemento de talleres de folclore, artesanía, cociña e seminarios de cultura galega en colaboración coas entidades galegas do exterior.

Na edición deste ano, os talleres convócanse para as especialidades de baile, gaita, percusión, pandeireta e canto, artesanía (encaixe de escarvadentes e confección de traxe tradicional), cociña galega, e seminarios de cultura galega. No caso destes últimos, inclúense por primeiro ano na convocatoria, debido á súa demanda por parte dos propios centros e comunidades galegas do exterior.

A formación desenvolverase ao longo de 15 días, cun tempo docente total de 40 horas, salvo no caso dos talleres de cociña e seminarios de cultura, cuxa duración e tempo lectivo se reduce á metade.

Emigración destina este ano para esta iniciativa 90.000 euros, cos que sufraga a remuneración do docente, e co custo de desprazamento do formador ao lugar de realización do curso, o custo do material necesario para impartir os talleres de carácter artesanal, de cociña, seminarios de cultura galega e, se é o caso, do seu envío, e o custo de elaboración dos contidos dos talleres e o seu desenvolvemento.

Obrigas das comunidades

Pola súa banda, as entidades galegas fanse cargo dos gastos de estanza e manutención do formador en lugar e condicións axeitadas, dos gastos de traslado do formador dentro da cidade onde teña lugar o curso, da xestión e dotación das instalacións axeitadas, e da suministración doutro material funxible necesario.

Poderán solicitar a organización destes talleres as entidades galegas que teñan recoñecida a 'galeguidade' ou a súa condición de centro colaborador, ou ben unha agrupación, federación ou unión destas entidades, co fin de poñer en común os medios e recursos dispoñibles.

Na convocatoria, que fixa nun mes o prazo de presentación das solicitudes, estipúlanse ademais a documentación necesaria e o procedemento e criterios de valoración para a adxudicación dos cursos, así como os sistemas de seguimento e control.

Cabe destacar que o alumnado destes talleres, grazas á instrución e mellora das súas habilidades, acrecientan o seu interese e vinculación con Galicia. Así, e segundo o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, "a formación chega a decenas de miles de alumnos polos centros e casas de Galicia no mundo, pero sobre todo fortalécese a unión entre a Galicia territorial e os seus fillos repartidos por todo o mundo".

Ata o momento, formáronse directamente, nas distintas edicións dos talleres e seminarios convocados por Emigración dende hai máis de 20 anos, máis de 50.000 alumnos.

nAXUDAS E SUBVENCIÓNS
Consulta as axudas e subvencións mais importantes.

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas