GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Un pedazo de Marrocos en Ferrol

(14/03/2014)

Un pedazo de Marrocos en Ferrol

Aniss abdelouahabi, dono do comercio Arabesque

Aniss Abdelouahabi móstrase satisfeito da marcha do establecemento. josé pardo

 

Aniss Abdelouahabi traballaba en Marrocos, o seu país natal, como técnico comercial de venda de recambios de vehículos, pero se casou cunha ferrolá e despois de ter vivido na Coruña e de roldar os dous anos sen traballo en España, acaba de converterse en emprendedor en Ferrol, coa apertura do comercio Arabesque. Está especializado na venda de artesanía do seu país e tamén de Tunisia e Turquía. Bolsos, carteiras e zapatos de coiro, panos, lámpadas, pulseiras e colares, entre outros produtos, poden atoparse neste establecemento, que abriu as súas portas en xaneiro. Asegura que artesáns das zonas máis turísticas do seu país, como Fes e Marrakech están a fusionar xa o tradicional co actual e eses artigos tamén os oferta.

Aniss admite que a situación de Ferrol é complicada, pero afirma que «se ninguén se anima, non se vai a sacar adiante o país, a desenvolvelo». Ademais, sostén que a cidade ofrece alugueres máis baratos que outros municipios, como A Coruña, unha baza para os emprendedores. Ademais, as tendas con artigos de artesanía marroquí, que poden atoparse facilmente no sur de España, son máis ben escasas na zona norte, polo que o estudo de mercado previo á apertura do negocio indicoulles ao e a súa muller as posibilidades reais de éxito.

Polo momento, a experiencia está a resultar positiva. «Estamos moi contentos», explica. «Moita xente felicítanos primeiro pola valentía e tamén pola calidade dos produtos», engade Aniss Abdelouahabi.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas