GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Facilidades para o retorno de bolivianos a Bolivia

(14/03/2014)

Facilidades para o retorno de bolivianos a Bolivia

 

O Consulado de Bolivia axuda ao retorno dos seus nacionais e abre a posibilidade de trasladar o enxoval doméstico dende España ata Bolivia

 

Parainmigrantes.info, marzo 13, 2014

Os bolivianos que pretendan retornar do exterior e fixar a súa residencia en Bolivia, poderán introducir libre de tributos aduaneiros sempre que o valor dos bens sexa por un valor máximo de 50.000 dólares americanos. Dentro do enxoval doméstico inclúese os mobles, aparatos e accesorios de utilización normal nunha vivenda, e súas máquinas, equipos e ferramentas usados na súa actividade.

Requisitos e documentación para solicitar o traslado do enxoval doméstico que inclúa máquinas, equipos e ferramentas:

1. Pasaporte que acredite o cumprimento da permanencia por dous anos en territorio estranxeiro ou documentación oficial en orixinal ou copia legalizada que avale esa permanencia. Neste caso pódese achegar un certificado de empadroamento.

2. Certificación da Sección Consular que sinale a actividade que desempeñaban os integrantes da unidade familiar no exterior.

3. Billetes de avión

4. Declaración xurada conforme ao formulario proporcionado pola Alfándega que deberá conter a seguinte información:

- Nome do importado

-País de procedencia

-Departamento, cidade e dirección onde fixará a súa residencia

-Actividade ou oficio que desempeñaba no país de procedencia

-Listado detallado do enxoval doméstico e das máquinas, equipos e ferramentas usados na súa actividade

-Valor detallado ou documentación comercial que verifique o seu valor.

air europa

Para poder facer correctamente esta declaración xurada o propio Consulado de Bolivia ofrece a través de páxina web unha guía para poder realizala sen problemas. Podes descargar a guía completa
AQUÍ

 


Tamén existe a posibilidade de completar todos os datos da declaración xurada en liña a través da páxina web do Consulado de Bolivia. Se queres acceder á aplicación fai click AQUÍ

Para máis información podes descargar a guía completa sobre o retorno voluntario 

Se estas pensando en volver ao teu país e estás interesado en solicitar esta axuda para poder enviar o enxoval doméstico dende España a Bolivia podes solicitar cita previa no Consulado de Bolivia.

 

 

 

solicitud cita previa

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas