GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inmigración. A UE destina a España 195 millóns para vixilancia de fronteiras

(14/03/2014)

 

Inmigración. A UE destina a España 195 millóns para vixilancia de fronteiras

 

 El Economista /Xoves, 13 de Marzo de 2014

MADRID, 13 (SERVIMEDIA)


O Parlamento Europeo deu hoxe luz verde ao Fondo de Asilo, Migración e Integración da UE, dotado con 3.100 millóns de euros ata 2020, dos que España recibirá 257 millóns. Os países deberán utilizar polo menos o 20% da cantidade que perciban en políticas de integración de inmigrantes e outro 20% adicional en mellorar os seus sistemas de asilo. O pleno tamén aprobou o novo Fondo de Seguridade Interior, do que España percibirá 195 millóns para a vixilancia de fronteiras.

Os países que se neguen a aplicar estas porcentaxes mínimas terán que presentar unha "explicación detallada do motivo polo cal unha asignación de recursos inferior a este nivel non compromete a consecución do obxectivo". Non obstante, os Estados membros con "deficiencias estruturais en materia de aloxamento, infraestrutura e servizos" non poderán dedicar menos do 20 por cento ás políticas de integración de inmigrantes.

A Eurocámara tamén aprobou o Fondo de Seguridade Interior da UE, que foi deseñado para mellorar a cooperación policial, a vixilancia das fronteiras exteriores da Unión e a prevención da delincuencia. Estará dotado con 2.760 millóns de euros ata 2020 e España recibirá 195 millóns.

Este fondo utilizarase para construír as infraestruturas necesarias para a vixilancia das fronteiras exteriores. Ademais, financiará os sistemas operativos requiridos para a posta en marcha do Sistema Europeo de Vixilancia de Fronteiras, máis coñecido como Eurosur. A xestión dos fluxos migratorios e das solicitudes de visado, así como a cooperación consular, tamén estarán financiadas co Fondo de Seguridade Interior.

Por outra parte, o instrumento de apoio financeiro á cooperación policial e á prevención da delincuencia estará dotado con 1.000 millóns de euros para os próximos sete anos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas