GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Cocido e Combo para os emigrantes en Delémont

(12/03/2014)

Cocido e Combo para os emigrantes en Delémont

Centenares de persoas gozaron este fin de semana na localidade suíza de gastronomía local e sabor a verbena

 

Foi case como estar en casa: alimentos comprados en Domínguez, de Baíñas; música do Combo Dominicano, a orquestra que este verán arrasou pola Costa da Morte (e media Galicia) e paisanos de parroquias de Vimianzo, Laxe, Camariñas, Zas e moitos outros.

Con estes ingredientes, os responsables do centro español de Delémont, encabezados por Francisco Ordóñez, de Calo, e coa inestimable colaboración doutros amigos e familiares (incluso o seu sobriño Fernando, empresario de hostalería vimiancés) montaron unha festa nunha sala das aforas da localidade que combinou a gastronomía coa música. E todo na súa orde, como é norma en Suíza.

O primeiro, a cea. O sábado, desde as 20.00 e ata preto das 24.00 horas, unhas 300 persoas degustaron o cocido e preparábanse para o baile posterior. Os asistentes chegaron de varios puntos de Suíza, aínda que a maior parte eran de Delémont e arredores. Pero tamén se uniron á celebración unhas sesenta persoas que viaxaron desde a comarca: aproveitaron para ver a familiares e amigos e para seguir ao Combo, grazas a uns prezos dos billetes de avión relativamente baixos, dada a época.

Despois, quenda do Combo Dominicano. Era a primeira vez que actuaban en Suíza, e non defraudaron aos case 900 asistentes: todos os da cea e moitos outros que chegaron unicamente para ver a actuación. Que durou ata a 1.30 aproximadamente, aínda que a festa seguiu para algúns.

Foi o día grande, pero as actividades festivas xa comezaran o venres, cunha discoteca móbil, e o propio sábado ao mediodía, de novo coa discoteca móbil e co Combo, que abriu sabor de boca coa interpretación de catro temas.

Tras esta actuación, conta Ordóñez que agora o seu próximo reto é contratar á Panorama para o mes de xuño. Pero xa non será no mesmo sitio. «Faranos falta una sala máis grande», advirte. Onte mostrábase moi contento polo resultado, ademais da implicación dos emigrantes.

Delémont é unha localidade pequena, de apenas 12.000 habitantes, pero concentra a centenares de emigrantes da zona, sobre todo de Camariñas (unhas cen familias, dun ou varios membros) e de varias parroquias de Laxe. Ademais do centro español, funciona outro, o Atees, que preside un camariñán. Ambos son puntos de encontro diario que novos e vellos emigrantes, ademais de paso obrigado para os taxistas que van e veñen de Suíza á Costa da Morte.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas