GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O censo de barbanceses no estranxeiro bate récords históricos

(12/03/2014)

O censo de barbanceses no estranxeiro bate récords históricos

Desde as eleccións europeas do 2009 subiu en 2.394 persoas

 

 

Case 17.000 barbanceses, concretamente 16.979, figuran inscritos no Censo de Españois Residentes no Estranxeiro (CERA). Esta é a cifra máis elevada desde que existen rexistros estatísticos oficiais e constata o importante incremento que, desde o inicio da crise, está rexistrado o éxodo de persoas naturais dos once municipios da zona en busca dunha oportunidade laboral. De feito, o CERA da zona aumentou en 2.394 persoas desde as anteriores eleccións europeas celebradas no 2009, exercicio no que diversos analistas sitúan tamén o inicio da actual recesión económica. Paralelamente, o número de barbanceses con dereito a voto e residencia na comarca viuse reducido en practicamente 1.900 habitantes durante este mesmo período económico.

O incremento do número de barbanceses emigrados é unha constante que se repite nos once municipios das comarcas de Barbanza, Muros e Noia, aínda que destacan polo seu volume -case o 25% no último lustro- o municipio noiés e tamén o sonense. A pesar desta diminución que, en termos absolutos, tradúcese nun descenso de máis de 350 habitantes, estes dous concellos aínda están lonxe das cifras que rexistran Outes e Ribeira que con 2.147 e 2.031 inscritos na súa CERA, respectivamente, seguen sendo os termos da zona cunha diáspora máis pronunciada.

 

A diáspora

A pesar de que se rexistra un repunte da emigración cara a países de Europa, tres de cada catro emigrados barbanceses teñen actualmente a súa residencia no continente americano.

Aínda que se ten constancia oficial de veciños asentados en Brasil, Uruguai, México ou Venezuela, dous países acollen a case o 90% dos votantes incluídos no CERA. Trátase de Arxentina e Estados Unidos, onde figuran 5.815 e 2.097 persoas, respectivamente, orixinarias dalgún municipio da zona.

En total serán 117.469 os barbanceses que terán dereito a voto nos comicios europeos do 25 de maio -486 máis que nos anteriores de xuño de 2009- aos que haberá que sumar polo menos outro medio milleiro que corresponden aos cidadáns comunitarios que sen ter nacionalidade española teñen a súa residencia na zona e que tamén teñen dereito de sufraxio na cita electoral.

 

Procedemento para poder participar nos comicios

 

¿Quen poden intervir nas eleccións de maio?

Todos os barbanceses maiores de idade residentes en España ou aqueles que están fóra pero que figuran inscritos nos censos de residentes no estranxeiro. Ademais, tamén poderán facelo aquelas persoas de calquera país comunitario -nas últimas eleccións eran máis de 450 na comarca- que figuren empadroadas aquí e que teñan manifestado o seu desexo de participar.

 

¿Aínda se pode solicitar esta participación?

O prazo para facelo terminou o 31 de xaneiro, data de peche dos censos electorais para os comicios do 25 de maio. Todos os cidadáns comunitarios que non teñan a nacionalidade española recibiron no seu día unha comunicación da Oficina do Censo Electoral na que se lles informaba sobre os trámites para formalizar a súa participación.

 

¿Os que cambien o seu municipio de residencia antes das eleccións onde votan?

As listas de electores elabóranse cos datos do padrón de habitantes con referencia ao 31 de xaneiro. Os movementos realizados tras esa data non se contemplan polo que quen se cambie de concello deberá votar no que figuraba empadroado antes da data citada.

 

¿Como saber onde e en que mesa votar?

Durante as semanas previas aos comicios, todos os veciños con dereito a voto recibirán un cartón cos seus datos censales e a sección e mesa electoral onde votar.

 

¿Onde, como e cando reclamar se existen erros nos datos censales?

Nos concellos ou nas delegacións do Instituto Nacional de Estatística provistos do DNI e enchido un impreso específico para iso. Entre o 7 e o 14 de abril estarán expostas as listas electorais para comprobar a ausencia de erros.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas