GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Congreso abre a porta a que o voto exterior se realice en urna

(12/03/2014)

O Congreso abre a porta a que o voto exterior se realice en urna

Aproba a revisión da esixencia do voto rogado introducida no 2010

 

A proposta para modificar a Lei de Réxime Electoral Xeneral de 1985 foi aprobada por unanimidade na Cámara galega no ano 2008. E, aínda que no 2010 a norma xa foi cambiada cos votos do PP, PSOE, CIU e PNV, onte todos os grupos, excepto o BNG e ERC aprobaron tramitar unha nova modificación tras constatar o fracaso da normativa actual, que supuxo un derrubamento do número de votantes no exterior. De cifras de participación dos residentes no exterior en torno ao 30 % pasouse a menos do 5 %. Nas últimas eleccións autonómicas galegas, só o 3,25 % do censo no estranxeiro exerceu o seu dereito a voto, o que implica unha abstención do 96,75 %.

A deputada do PSdeG Carmela Silva defendeu a necesidade de recoñecer que a decisión tomada no 2010 «foi errónea», xa que a normativa vixente «non garante» o dereito fundamental ao voto, algo asumido tamén polo portavoz do PP, Alfredo Prada. A deputada do BNG Olaia Fernández Davila defendeu con todo a última reforma e expresou a súa sospeita de que detrás desta nova modificación para anular o voto rogado escóndese un intento de «volver atrás» eliminando as garantías introducidas.

A proposta do Parlamento galego supón equiparar o procedemento de voto dos emigrantes co resto de electores. En cada demarcación consular con máis de 500 españois censados estableceríanse seccións electorais, cada unha cunha urna e un máximo de 4.000 electores. O voto por correo con solicitude previa de papeleta, igual ao do resto dos españois, manteríase para quen non poidan achegarse aos consulados o día da votación.

 

Unha proposición de lei aprobada por unanimidade no Parlamento galego no 2008

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas