GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Inmigración: a solución está no desenvolvemento sostible, humano, endóxeno.

(12/03/2014)

Inmigración: a solución está no desenvolvemento sostible, humano, endóxeno.

 

martes, 11 de marzo de 2014

por Federico Mayor Zaragoza

 

 

Que cousas tan terribles estamos a consentir!


A Europa "democrática", a Europa dos dereitos humanos -descritos no ano 2000 nunha das "Cartas" máis precisas e preciosas-, a Europa "desenvolvida" e próspera... mirando cara a outro lado. A Europa que hai poucos anos era exemplo de cooperación, de solidariedade, de axuda... é agora reticente, chegando mesmo á xenofobia. A Europa dos mercados esqueceu os "principios democráticos" que tan lucidamente se escribiron na Constitución da UNESCO ao final da segunda gran guerra.


A Europa dos paraísos fiscais, do cortoplacismo, da deslocalización produtiva, da cobiza dos máis prósperos... e, ao seu lado, submisos, países que fai ben poucos anos parecía que comprenderan que era indispensable a refundación dun Sistema multilateral democrático... pero que, baixo a inmensa presión das grandes potencias neoliberais, á fin se fincaron.


España, que tanta inmigración provocou en tempos da "burbulla" inmobiliaria (sen regularizar polos que a consideraban unicamente "man de obra"), só se lle ocorre agora poñer máis obxectos cortantes nos valos! e pedir 45 millóns de Euros a Europa para elevalas e facelas máis ferintes e inaccesibles coas "concertinas".


Esta non é a solución. A solución é o desenvolvemento. Un gran plan de desenvolvemento. Recordo aqueles anos en que o programa das Nacións Unidas para o desenvolvemento, coas palabras "com-partir" e " co-operar", pretendía que o mundo puidese lograr progresivamente unha convivencia pacífica centrada na igual dignidade de todos os seres humanos.

O Banco Mundial ten un apelido: "para a cooperación e o desenvolvemento". Pero todo mudou, e a cooperación substituíuse pola explotación, e a democracia pola plutocracia, os valores éticos polos bolsistas, e a economía de desenvolvemento global sostible e humano por unha economía de especulación, deslocalización produtiva e guerra (non me canso de repetir que cada día se invisten máis de 3.000 millóns de dólares en armas e gastos militares ao tempo que morren de fame miles de persoas, a maioría nenos e nenas dun a cinco anos).


Miren aos ollos dos que conseguen "saltar" a entrada a Europa por Ceuta e Melilla. Ou os que intentan entrar por Lampedusa... No son persoas que elixiron, tal como está o patio, "darse un garbeo por Europa". Se intentan acceder á UE, é porque se están a morrer de fame, porque viven na pobreza extrema, porque sobreviven en condicións inhumanas.


Señor Ministro: non pida 45 millóns para pechar aínda máis as entradas. España e os países máis prósperos de Europa deben dar unha axuda ao desenvolvemento á altura de "todos os seres humanos iguais en dignidade" para que non se vexan forzados a ter que abandonar o seu país. Ah e non digan "é que non hai diñeiro"! Isto xa se dixo por parte dos máis ricos da Terra no ano 2000, cando as Nacións Unidas propuxeron os Obxectivos do Milenio. "Non" hai "diñeiro". Non había diñeiro para a SIDA (uns 8.000 millóns de dólares ao ano, que é o que gasta en 2-3 días en armamento). Non había diñeiro para un gran plan de alimentación mundial (40-60 mil millóns de dólares, o que se inviste no medio mes, como máximo, en seguridade... do 20% da humanidade, que é a que vive no barrio próspero da aldea global).


Se é verdade que, como acaba de comunicar OXFAM, 85 persoas teñen uns medios económicos equivalentes aos da metade da humanidade (uns 3.300 millóns de seres humanos)… non cabe dúbida de que a solución non está en pedir 45 millóns senón en fortalecer os medios de convivencia pacífica a escala mundial. Abandonen dunha vez os ridículos grupos G6, G7, G8, G20… e únanse, únanse todos os Estados, especialmente os que aínda teñen algún convencemento democrático, para ofrecer a todos os mozos do mundo uns horizontes menos sombríos.

Tamén lles aconsello que lean a Carta da Terra, o preámbulo e o artigo 1º da Constitución da UNESCO,… en lugar de fiarse exclusivamente dos informes de institucións económicas, e moi especialmente do Fondo Monetario Internacional e do Banco Mundial, que eliminou do seu "apelido" a referencia ao desenvolvemento.


Sobre todo cando se deron para a recuperación bancaria millóns e millóns de Euros que, por comezar a construír Europa polo tellado, cunha Unión monetaria sen unha unión económica e política previas, se amplían as desigualdades en lugar de reducilas.


A Europa xenófoba, que non pon en práctica a súa excelente Carta de Dereitos Humanos do ano 2000, non achega subvencións relevantes para o desenvolvemento, non debe ter como símbolo en España as "concertinas" senón o fomento do desenvolvemento humano, empezando por aqueles países que viven na máis completa desesperanza.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas