GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Deza-Tabeirós. O censo suma 79.206 votantes na zona para as europeas

(11/03/2014)

O censo suma 79.206 votantes na zona para as europeas

Desa cifra, un total de 20.747 electores residen fóra do noso país

 

O Instituto Nacional de Estatística acaba de facer público o censo electoral para os próximos comicios europeos que se celebran o próximo 25 de maio. Nos concellos poderanse consultas as listas e presentar as correspondentes reclamacións, en caso necesario. Segundo o censo son 79.206 os electores dos nove municipios de Deza e Tabeirós-Terra de Montes con dereito a voto nestas eleccións.

Deles 20.747 son españois residentes no estranxeiro. Destes 12.181 achégaos a comarca de Deza e 8.566 os tres municipios de Tabeirós-Terra de Montes. A crecente emigración en busca de traballo fóra das nosas fronteiras déixase sentir nas cifras do censo.

Por concellos, A Estrada é o que conta cun maior número de residentes fóra das nosas fronteiras, 5.118. Séguelle Lalín con 4.749. O terceiro lugar ocúpao Silleda con 2.872.

Dozón suma 561, Agolada 719, Vila de Cruces 1.476 e Rodeiro un total de 1.800. Cerdedo conta con 1.331 e Forcarei, é o municipio que ten unha das cifras máis elevadas, con 2.117 persoas residindo no estranxeiro. Proba do aumento do número de residentes fóra son os datos do censo das europeas do 2004 nas que o número de residentes fose era de 523 en Agolada, 928 en Cerdedo, 385 en Dozón, 3.719 na Estrada, 1.603 en Forcarei, 3.406 en Lalín, 1.145 en Rodeiro, 2.167 en Silleda e 1.002 en Vila de Cruces.

O centro de españois residentes en España é de 58.459 nas dúas comarcas. A de Deza achega á suma 35.214 con dereito a voto nas eleccións ao Parlamento Europeo e Tabeirós-Terra de Montes 23.245.

En canto ás cifras por municipios, a lista encabézaa o Concello da Estrada con 18.070 electores, seguida por Lalín con 16.594 e Silleda con 7.343. Vila de Cruces achega 5.094 potenciais votantes, Forcarei 3.321, Rodeiro 2.550 e Agolada 2.408. A estes engádense 1.854 de Cerdedo e 1.225 do Concello de Dozón.

Con estes datos, o número de votantes en Agolada é de 3.127, de 3.185 en Cerdedo e de 1.786 en Dozón. Na Estrada o total do censo para as europeas é de 23.118, de 5.438 en Forcarei e de 21.343 en Lalín.

Unhas cifras ás que se suman 4,354 de Rodeiro, 10.215 de Silleda e 6.570 de Vila de Cruces.

A comarca de Deza suma 35.214 e 23.245 a de Tabeirós-Terra de Montes, o que arroxa un total de 79.206 persoas censadas con dereito a voto.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas