GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración mantén abertas sete liñas de axudas sociais á emigración

(11/03/2014)

Emigración mantén abertas sete liñas de axudas sociais á emigración


E. C., Vigo | 10 Marzo 2014 - Crónicas da Emigración

chegada dos emigrantes galegos do programa reencontros na casa 2012
fotos: ana varela

Chegada dos emigrantes galegos do programa reencontros na casa 2012 fotos: ana varela

 

A Secretaría Xeral de Emigración da Xunta mantén abertas, ademais da liña de axudas ao retorno de emprendedores, un total de sete liñas de axudas sociais á emigración e o retorno: subvencións para as actuacións das entidades galegas do exterior; axudas individuais para galegos en situación de necesidade; axudas de emerxencia social para a realización de viaxes humanitarias; axudas extraordinarias para retornados; programa de viaxes 'Reencontros na casa'; e subvencións de apoio ás infraestruturas e adquisición de equipamentos para as comunidades galegas do exterior, así como a liña de axudas para as 'Escolas Abertas'.



O próximo 31 de marzo finaliza o prazo para participar en dúas destas liñas de axudas: subvencións de apoio ás infraestruturas e adquisición de equipamentos para as comunidades galegas do exterior e 'Reencontros na casa'.
A primeira, publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o martes 18 de febreiro, conta á súa vez con dous programas. Un para sufragar a ampliación, reforma, rehabilitación e conservación das entidades galegas do exterior así como o seu patrimonio cultural; e outro para mellorar de dotación e equipamento de carácter inventariable ás institucións. O presuposto total desta iniciativa para este ano ascende a 600.000 euros, dos que 350.000 serán para o primeiro programa e 250.000 para o segundo.
O proxecto a subvencionar dentro da liña de axudas ás infraestruturas non poderá superar os 75.000 euros e o importe máximo que se concederá será inferior a 30.000 euros. En canto ao programa de mellora de dotacións, o máximo de axuda será de 12.000 euros.
Poderán optar a esta axudas todas as entidades galegas de fóra de Galicia que teñan recoñecida a 'galeguidade' menos aquelas que asinasen un acordo para iniciar un proceso de unión ou fusión e mentres o proceso non conclúa.

 

'Reencontros na casa'
Pola súa banda, o programa 'Reencontros na casa', cuxa convocatoria tamén se recolle no DOG do martes 18 de febreiro, está orientado a promover o contacto dos galegos residentes no exterior coa súa terra e os seus familiares, fortalecendo deste xeito os vínculos con Galicia.
Este programa, cuxas subvencións teñen consideración de axudas en especie e non supoñen contabilización de gasto, conta cun total de 194 prazas, que se distribúen entre Arxentina, 88; Brasil, 17; Cuba, 10; Uruguai, 70; Venezuela, 6; e tres para outros países. O 90% das prazas están destinadas aos emigrantes mentres que o 10% restante serán para os fillos e descendentes.
Os requisitos para poder participar son ser emigrante galego, ter nacionalidade española, residir en América, non ter participado en programas de viaxes da Xunta durante os últimos cinco anos, poder valerse por si mesmos, ter familiares de ata cuarto grao de consanguinidade ou afinidade cos que poidan quedar na casa, ter ingresos inferiores a tres veces o importe das bases de cálculo da prestación económica por ancianidade do Ministerio de Emprego, segundo os países de residencia. Tamén poderán ser beneficiarios, como acompañantes, as persoas unidas por matrimonio, relación de feito ou outra vinculación análoga, así como os fillos de emigrantes que teñan a condición de galegos.
Para participar no programa 'Reencontros na casa' ás canles habituais de presentación de solicitudes (vía telemática ou solicitudes en formato papel que se poden entregar nas delegacións da Xunta en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares ou enviar por correo certificado) súmase a posibilidade de entregar a documentación nalgúns centros colaboradores. En Brasil: Pena Galega dá Casa de España de Río de Xaneiro, Real Sociedade Española de Beneficencia de Salvador de Bahía, Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrución de São Paulo, Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro en Santos. En Cuba, na Federación de Sociedades Galegas Na habana; e en Venezuela, na Irmandade Galega de Venezuela en Caracas.

 

Axudas individuais
As axudas individuais por razón de necesidade contan coa contía máis elevada do presuposto: dous millóns de euros que se reparten entre os diferentes supostos.
O prazo para solicitar estas axudas, que foron publicadas no DOG do 20 de febreiro, conclúe o 1 de abril e os supostos que se recollen son situación de dependencia ou enfermidade grave do solicitante, situación de dependencia ou enfermidade moi grave no seo da unidade familiar, invalidez ou enfermidade permanente do solicitantes, cobertura médica e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves, cando teñan un custo elevado, axudas para as mulleres que sufran violencia de xénero, situación de desemprego no unidade familiar e precariedade na unidade familiar.
Poderanse beneficiar desta axuda os emigrantes galegos e os seus fillos maiores de 18 anos e os netos maiores de 18 anos que teñan a condición de galegos e que acrediten un ano de residencia continuada en Galicia. En caso de falecemento dos receptores da axuda, poderán ser beneficiarios desta e por unha vez o seu viúvo ou fillos, sempre e cando non pasasen quince meses dende o falecemento e non fosen beneficiarios o ano anterior.
O lugar de presentación da solicitude e a documentación é, ao igual que no anterior caso, na administración, vía telemática ou por correo certificado, e nas anteditas entidades colaboradoras.

 

Axudas para as actividades das entidades do exterior
Publicadas no DOG do 26 de febreiro, as axudas para as actividades dos centros do exterior ascenden a 900.000 euros e poden solicitarse ata o 7 de abril.
En concreto, estas axudas inclúen dous programas. O primeiro é para os gastos de funcionamento e proxectos de actividades promovidos polas entidades galegas do exterior que se subdivide en axudas para gastos de funcionamento e axudas para proxectos culturais promovidos pola xuventude, para accións informativas ou para o cumprimento dos seus fins.
O segundo programa, recolle as axudas para accións de especial relevancia promovidas por comunidades galegas que teñan como obxectivo a promoción cultural, social ou económica de Galicia ou da propia entidade. As accións que sexan obxecto desta subvención deben ser realizadas e xustificadas antes do 30 de setembro.
Ao igual que para o resto de axudas ás institucións, poderán optar a estas as entidades galegas do exterior recoñecidas como tal e que non estean inmersas nun proceso de unión ou fusión.


Axudas de emerxencia social para a realización de viaxes
O 30 de novembro finaliza o prazo para a solicitude das axudas para a realización de viaxes por razóns de interese social, asistencial ou humanitario que saíu publicada no DOG o pasado 20 de febreiro.
Cunha partida de 15.000 euros ampliable, esta liña de axudas teñen por obxecto atender situacións sobrevidas de carácter extraordinario de emerxencia social, sanitaria ou asistencial que precisen dunha actuación urxente. Tamén son obxecto de subvención os custos de viaxes que se teñan que realizar por razóns destas características.
Poden ser beneficiarios destas axudas os cidadáns de orixe galega que estean emigrados e descendentes de primeiro grao que teñan nacionalidade e que estean empadroados nalgún concello galego, así como cidadáns residentes en Galicia que sexan familiares ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade do colectivo emigrante que se teña que desprazar xunto a este por circunstancias excepcionais de carácter asistencial, sanitario ou humanitario.
As persoas beneficiarias deste programa deben acreditar rendas, ingresos ou patrimonio insuficiente, así como as razóns de carácter social, sanitario ou asistencia que requiran atención urxente.

nAXUDAS E SUBVENCIÓNS
Consulta as axudas e subvencións mais importantes.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas