GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda dubida de que Suíza poida establecer cotas de entrada para traballadores da Unión

(10/03/2014)

Miranda dubida de que Suíza poida establecer cotas de entrada para traballadores da Unión

 

Redacción, Santiago | 10 Marzo 2014 - Crónicas da Emigración



Antonio Rodríguez Miranda, durante la entrevista en el programa ‘Galicia por diante’ de la Radio Galega.

Antonio Rodríguez Miranda, durante a entrevista no programa 'Galicia por diante' da Radio Galega.

 

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, dubida de que Suíza poida establecer cotas de entrada no país para traballadores da Unión Europea (UE), pero considera que, no caso de facelo, iso non afectará aos galegos e menos aos xa residentes no país helvético. Así pronunciouse o responsable de Emigración da Xunta no programa 'Galicia por diante' da Radio Galega, no que tamén falou sobre a situación dos galegos en Venezuela e Arxentina, dos problemas que padecen os retornados aos que Facenda lles reclama o pagamento de cantidades atrasadas, así como da posibilidade de que os residentes no exterior poidan votar en urna en consulados e embaixadas, en citas posteriores á celebración das eleccións europeas, en maio.

Os máis de 37.000 galegos que residen en Suíza poden estar tranquilos no caso de que o país helvético se decida a restrinxir a entrada de traballadores estranxeiros. Os tratados hai que cumprilos e se non é así habería que denuncialo. Esa é a postura que, a xuízo do secretario xeral de Emigración, habería que adoptar no caso de que Suíza deciciera cambiar o réxime sobre o particular, e elo non lle ía "saír gratis". "Dubido de que poidan chegar a tomar esas medidas" respecto a cidadáns da Unión Europea, dixo Miranda, pero en caso de que así fóra, hai que ver a cidadáns de que países lles podería afectar. Entre eles citou aos romaneses e búlgaros, e tamén aos "irmáns portugueses", pero aínda que se establecesen esas cotas, "aos galegos non lles tería" que "afectar", puntualizou.
Miranda mostrouse así de contundente nunha entrevista que concedeu á Radio Galega, na que se mostrou preocupado pola situación que se podería desencadear en países como Venezuela ou Arxentina. No primeiro dos casos, debido á situación política que se desatou no país co enfrontamento na rúa entre os partidarios do partido no Goberno e os da oposición, que xa causaron varios mortos. Neste caso, Miranda asegura que haberá que estar atentos á evolución do conflito para responder con prontitude no caso de que se produzan reaccións xenófobas que poidan poñer en perigo a integridade física dos galegos no país. Tamén se mostrou preocupado polos maiores, aos que hai que prestar atención asistencial e sanitaria, por formar parte do grupo de maior vulnerabilidade.

Situación de Arxentina
Polo que atinxe a Arxentina, o secretario xeral dixo que se ocupará especialmente daqueles galegos con menos capacidade adquisitiva no caso de que se produzan situacións preocupantes, xa que o país se encontra nunha situación económica crítica, "cunha inflación oficial que non se corresponde coa real".
O responsable de Emigración da Xunta recoñeceu que actualmente saen de Galicia mozos dispostos a abrirse camiño no plano laboral en países europeos, pero asegurou que se as cifras se comparan coas dos anos 70, a porcentaxe sería dunha persoa por cada 30. Por iso, non hai que alarmar coas cifras", dixo, e engadiu que actualmente estamos nun espazo único europeo onde os fluxos migratorios son algo normal".
O titular de Emigración volveu insistir na importancia de procurar a unión dos centros do exterior, porque cando se produce o amparo "baixo o paraugas de Galicia, iso dá garantía" para que a súa historia non se esqueza.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas