GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Preto de 700 inmigrantes intentan saltar o valo na fronteira de Melilla

(10/03/2014)

Preto de 700 inmigrantes intentan saltar o valo na fronteira de Melilla

O Goberno de España participa xunto a outros países europeos financiando un programa de retorno voluntario que xa axudou a 4.269 persoas desde o 2005

 

A vixilancia do valo fronteirizo é constante. L. Valladolid efe

 

As forzas de seguridade marroquís e a Garda Civil impediron onte que dous grupos de inmigrantes, de 500 e 200 subsaharianos aproximadamente, entrasen a Melilla saltando o valo fronteirizo polas zonas próximas aos pasos de Beni Enzar e Barrio Chinés, aínda que ningún deles chegou a tocar o aramado. Os dous grupos foron vistos pouco antes das 7 horas, cando xa amencera, polo que se activou o protocolo, no que tamén participou un helicóptero do instituto armado. Durante máis dunha hora, as forzas auxiliares marroquís e a Garda Civil mantiveron a alerta, ata que pouco despois das oito os inmigrantes puideron ser dispersados polos axentes de Marrocos.

As zonas onde se dirixían son os puntos nos que se produciron os últimos saltos masivos, o máis recente o pasado 28 de febreiro, no que conseguiron entrar 214 estranxeiros.

O ministro do Interior advertiu onte nunha entrevista no diario Abc de que a inmigración ilegal en Ceuta e Melilla «pode volverse crónica» e considerou por iso que se trata dunha «urxencia nacional».

 

500 dólares por volver a casa

Para tratar de paliar esa situación, o Goberno de España participa xunto a outros países europeos financiando un programa de retorno voluntario que xa axudou a 4.269 persoas desde o 2005 e a 158 no que vai de ano. O sistema, basicamente, fundaméntase, segundo un informe da Organización Internacional para as Migracións (OIM), en sufragar o regreso á súa casa destas persoas ademais dunha achega que rolda os 500 dólares «para empezar de novo» no seu país de orixe. No 2013, España destinou 200.000 euros para este programa.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas