GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Uns 2.000 emigrantes retornados manifestáronse contra Facenda na Coruña

(06/03/2014)

Uns 2.000 emigrantes retornados manifestáronse contra Facenda na Coruña

Piden a dimisión de Montoro ante o que consideran «unha estafa» e entregaron 25.000 firmas en Facenda coas súas demandas

A frase máis coreada foi «somos emigrantes, non defraudadores» e «non pode ser, non pode ser nós a emigrar e eles a roubar».

A protesta, convocada a nivel galego, reuniu a unhas 2.000 persoas segundo os convocatantes e 875 segundo a Policía Local, que percorreron desde a praza de Vigo ata Comandantes Fontanes, onde se concentraron ante a Axencia Tributaria e entregaron un documento coas súas reivindicacións para transmitir as súas demandas, avaladas por 25.000 firmas.

A protesta foi convocada pola Coordinadora Nacional de Galegos Emigrados Retornados, que agrupa a 18 entidades comarcais, e outras tres coordinadoras.

Xosé Lois Leirós Gude, portavoz do colectivo, explicou que «Facenda estafa aos emigrantes retornados, estamos sendo golpeados pola Facenda española, de maneira inxusta e insolidaria».

Recordou que o colectivo nunca foi informado das taxas que agora lles reclaman e cifrou entre 250.000 e 300.000 pensionistas os afectados en Galicia aos que se lles reclaman desde 3.000 a 110.000 euros. Apuntou que dos 740.000 pensionistas que hai na comunidade, un 43 % son emigrantes retornados.

«Chámannos defraudadores, pero somos emigrantes que pedimos xustiza e igualdade», apuntou e reclamou que antes de aplicar unha lei como a 35/2006 é necesario realizar unha campaña de información de dereitos e deberes. Apuntou que non aceptarán outra cuestión que non sexa «a reforma da lei, e as multas, xuros e o de defraudadores caería polo seu propio peso». Indicou que son dobremente agraviados porque «se ben os pensionistas cobran menos de menos de 22.000 euros non deben pagar con esta lei baixannos a nós a 11.200 euros» e cuestionou o cambio de acordos bilaterais que permitían cobrar sen problemas desde o estranxeiro. Neste sentido, reclamou un mesmo réxime de IRPF para todos os pensionistas.

Ante Facenda leuse un comunicado moi crítico co Goberno, ao que se acusou de lanzar unha campaña para quitar o diñeiro aos xubilados, que son en moitos casos os que sosteñen ás súas familias, e incluso se propuxeron alternativas para aumentar a recadación como o IBI á Igrexa ou as débedas aos clubs de fútbol. Houbo múltiples chamadas á dimisión ao Goberno de Rajoy e críticas á súa política porque «nos desprezan», indicaron. «Se se pode, pero ou PP non quere», corearon reclamando un cambio na normativa e acusaron aos ministros do PSOE e do PP de ter apostado por unha lei que lles prexudica. «Pola súa incompetencia oe o dano económico e moral pedimos que se depuren responsabilidades e a dimisión do ministro Montoro», reclamou Leirós, que foi un dos que tomou a palabra na lectura dun comunicado.

Á protesta sumáronse políticos do BNG como o portavoz parlamentario, Francisco Jorquera, e as concelleiras coruñesas Maria Xosé Bravo e Avia Veira. O acto pechouse co himno galego, do que se recordou que do mesmo xeito que a bandeira se realizou no exterior.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas