GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Publicada a convocatoria para este ano do programa de Emigración 'Escolas Abertas'

(05/03/2014)

Publicada a convocatoria para este ano do programa de Emigración 'Escolas Abertas'

Redacción, Santiago | 04 Marzo 2014 - Crónicas da Emigración

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe martes 4 de marzo a resolución da Secretaría Xeral de Emigración pola que se regula e convoca o programa de 'Escolas Abertas' presenciais destinadas ás comunidades galegas e cidadáns galegos residentes fóra da Galicia territorial para o ano 2014.

Trátase dun programa que pretende esparexer a cultura, modo de vida e actualidade de Galicia por todo o mundo a través da convivencia e estanza de persoas que transmitirán a súa experiencia propia a moitos outros nos seus lugares de orixe ou residencia habitual, mediante o efecto multiplicador dos cursos formativos. Deste xeito, a Galicia actual dáse a coñecer do xeito máis efectivo e afectivo.

Os alumnos deste programa son, á súa vez, formadores nos lugares dos que proceden, polo que os seus coñecementos, e tamén a súa experiencia de contacto directo coa realidade actual do país, chega así aos cidadáns da Galicia do Exterior. Coa instrución e mellora de habilidades dos participantes na iniciativa,  acrecentase o interese e a formación de millares de galegos residentes, e mesmo nacidos, fóra da Galicia territorial.

O prazo de presentación de solicitudes é dun mes. Nesta edición de 2014, consolídase a cifra de participantes do pasado ano, noventa en total, dos que está previsto que 20 procedan dende países europeos, e os 70 dende o resto do mundo.

Efecto multiplicador

Así, e segundo o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, "a formación, a través dos participantes en 'Escolas Abertas', esténdese" a decenas de millares de alumnas e alumnos" "polos centros e casas de Galicia no mundo". Ata o momento, formáronse directamente nas distintas edicións do programa en torno a 600 persoas.

Os cursos que se levan a cabo nesta edición de 2014 consisten en talleres de especialización das seguintes modalidades: gaita tradicional galega, baile tradicional galego, percusión tradicional galega, canto popular e pandeireta, e confección de traxe tradicional galego. Esta última materia impártese por segundo ano, despois dunha experiencia pioneira no pasado exercicio con elevado éxito, e que rexistrou novamente unha alta demanda. Fai falta destacar que sempre se trata de talleres que teñen unha ampla demanda nas entidades galegas no exterior, criterio básico seguido por Emigración para a convocatoria destes cursos.

nAXUDAS E SUBVENCIÓNS
Consulta as axudas e subvencións mais importantes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas