GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Santiago. O salto ao emprego dos inmigrantes

(04/03/2014)

O salto ao emprego dos inmigrantes

Chegan moitos menos que fai un lustro, e os que están fórmanse para integrarse

Miguel Fernández, do Foro pola Inmigración, recoñece que en Santiago caeu o número de inmigrantes novos que chegan á cidade sen ningunha vinculación previa. Si están a chegar agora, aínda que non masivamente, emigrantes retornados, que son fillos ou netos de galegos; e, por suposto, familiares de estranxeiros con moita antigüidade na cidade e que se acollen ás políticas de reencontro familiar. Esta circunstancia vén reafirmar a idea de que os inmigrantes fincados en Santiago están totalmente integrados e, por iso, optan por traer ao resto dos seus familiares (pais, irmáns ou fillos) para non volver ao seu lugar de nacemento. Fernández apuntou que, entre os que volven, adoitan atoparse individuos sos sen arraigamento ou persoas que, despois de pasar por albergues, ter vivido na indigencia ou na rúa, regresan aos seus países.

Dos catro mil inmigrantes que residen en Santiago, uns 300 conseguiron a nacionalidade española. A maioría ten a súa situación totalmente legalizada e conta cos cartóns de residente ou comunitaria. E aínda que segue habendo un grupo dos chamados «sen papeis», a porcentaxe destes limítase a un 8 %. Os que non lograron regularizar a súa situación, aínda despois de moitos anos no país, son aqueles que traballan en precario, é dicir, sen contrato, o que é indispensable para obter os papeis.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Agosto 2019
LMMeXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas