GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os emigrantes retornados din que hai unha nova onda de multas

(04/03/2014)

Os emigrantes retornados din que hai unha nova onda de multas

Os emigrantes retornados continúan loitando contra o que consideran «un atropelo, un auténtico roubo». Trátase do cobro de multas, intereses e atrasos por parte de Facenda a conta das pensións que teñen do estranxeiro, polas que non cotizaban. Segundo a plataforma de Arousa Norte, hai nova nova onda de notificacións. É dicir, que cada vez son máis os afectados que teñen que desembolsar unha cantidade de diñeiro importante -hai quen tivo que pagar máis de 20.000 euros- por non ter sufragado os tributos correspondentes.

Só na plataforma de Arousa Norte hai ao redor de 200 afectados. Moitos deles prevén viaxar mañá á Coruña. Non en balde, os emigrantes retornados protagonizarán alí unha nova manifestación. Ademais, entregaranse a Facenda a miles de firmas recollidas en toda a provincia para que Facenda deixe de enviar notificacións. A plataforma de Arousa Norte deu onte as grazas aos concellos de Boiro e Rianxo, xa que o par de autocares que se fretarán para ir ata a cidade herculina sufragarano estes concellos. Desde o colectivo indicaron que as administracións máis próximas aos veciños están a darse conta do drama que supón este asunto para as persoas maiores.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas