GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Europa aproba a eliminación da visa para colombianos e peruanos

(28/02/2014)

Europa aproba a eliminación da visa para colombianos e peruanos

 

 

O Parlamento Europeo aprobou hoxe a eliminación da visa para os cidadáns colombianos e peruanos

 

 

parainmigrantes.info / febrero 27, 2014

 

 

Finalmente o Parlamento Europeo aprobou a eliminación do visado para os cidadáns colombianos e peruanos con 523 votos a favor e 41 en contra. Esta votación supón a ratificación formal do acordo político aprobado o pasado 4 de febreiro e é un primeiro paso para ampliar a lista de países cuxos nacionais non precisan da necesidade de tramitar un visado para entrar na Unión Europea.

Unha vez aprobada a eliminación deste visado, hai que seguir unha serie de pasos e procedementos lexislativos como a avaliación de risco por parte da Comisión Europea relacionado coa inmigración ilegal, a seguridade, o turismo e o impacto económico. Só se este informe é favorable, Bruxelas propoñerá a redacción de ambos os dous convenios bilaterais. Todo este proceso pode prolongarse uns meses.


bandera de la Unión Europea


En calquera caso, a Unión Europea advirte que a entrada en vigor da supresión destes visados, non eliminan os requisitos de entrada establecidos, é dicir a supresión do visado non dá un acceso libre á Unión Europea, senón que haberá que cumprir con todos os requisitos de entrada como é o billete de ida e volta, garantindo o retorno ao país de orixe dentro do prazo dos 90 días, acreditar medios económicos abondo para a súa estanza en España, seguro médico, aloxamento ben a través dunha reserva de hotel ou unha carta de convite.

Grazas á eliminación do visado de turista para os cidadáns colombianos e peruanos, estes poderán viaxar por todo o espazo Schengen sen necesidade de tramitar ningún outro documento adicional, os países que conforman o espazo Schengen son: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Holanda, Hungría, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, Polonia, Portugal, República Checa, República Eslovaca, Suecia e Suíza.

 

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas