GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Elena Muñoz pide á Axencia Tributaria que cumpra as sentenzas do TSXG sobre as sancións aos retornados

(28/02/2014)

Elena Muñoz pide á Axencia Tributaria que cumpra as sentenzas do TSXG sobre as sancións aos retornados

 

 

Redacción, Santiago | 27 Febreiro 2014 - Crónicas da Emigración


Elena Muñoz, durante un pleno.
Elena Muñoz, durante un pleno.

A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, asegurou este mércores que o Goberno galego se dirixiu á Axencia Tributaria para que cumpra "de inmediato" as sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) favorables a emigrantes retornados no que se refire ás sancións que Facenda impuxera a este colectivo.

Facenda reclamou declaracións da renda complementarias dende 2008 a miles de emigrantes retornados, por regresar ao seu lugar de orixe tras traballar na emigración e ter dous pagadores.

A conselleira interveu ante o pleno do Parlamento galego para responder á deputada nacionalista Tereixa Paz, quen recordou a existencia de varias sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que resolven que Facenda aboe os ingresos que se lle reclamou a inmigrantes retornados.

Paz indicou que, malia iso, a día de hoxe, seguen sendo moitas as persoas que reciben sancións e outras que están a empezar a recibir requirimentos. Indicou ademais que unha recente resolución dun tribunal económico-administrativo da Coruña obriga a devolver a un emigrante retornado a sanción que se lle cobrou ao apreciar opacidade na normativa e non ver ánimo de fraude.

A conselleira, pola súa banda, insistiu na preocupación da Xunta por este asunto e relatou numerosas reunións mantidas cos emigrantes retornados para coñecer o alcance do problema.

Así mesmo, apuntou que a situación destes emigrantes non foi causada por eles "a sabendas" e que a inmensa maioría eran descoñecedores desta obriga e non houbo, en absoluto, ánimo defraudatorio, dixo.

Por iso, recordou que se reuniu con colectivos de afectados e logo transmitiu a súa preocupación ao Goberno con dúas cartas, nas que tamén lle remitiu un acordo en favor deste colectivo que foi aprobado unanimemente polo Parlamento galego.

Elena Muñoz tamén informou de que, por iso, reclamou o Goberno que non se aplicaran sancións con carácter xeral e se modificasen os convenios cos países de emigración para que o problema non se volva repetir.

A conselleira indicou que a Axencia Tributaria estatal se comprometeu a desenvolver unha campaña de información para este colectivo e a analizar caso por caso a situación de cada un dos afectados e a facilitar o maior tempo posible para o fraccionamento das obrigas tributarias.

Tamén insistiu en que o Goberno galego volverá contactar coa Axencia Tributaria para falar das sentenzas do TSXG do convenio con Alemaña de 2012, que recoñece que era opaco e, polo tanto, os emigrantes non tiñan obriga de tributar.

A este respecto, manifestou que comparten "plenamente" os argumentos do tribunal e reclamarán a Facenda que teñan en consideración estes fallos xudiciais e comece a aplicalos "de xeito inmediato, non sancionando os emigrantes que non declararon por ese convenio e deixando de practicar liquidacións".

Igualmente, subliñou que o propio director da Axencia Tributaria Galega, Ulpiano Villanueva, trasladou á estatal a solicitude expresa de información sobre as actuacións que está a acometer sobre o número de persoas afectadas e as actuacións en marcha.

"Seguiremos no marco das nosas competencias defendendo o que cremos que é xusto para os emigrantes, o recoñecemento de que non son defraudadores, de que descoñecían a normativa," de forma que se lles ofreza a colaboración necesaria para que coñezan as súas obrigas, concluíu.

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas