GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Destinan 900.000 euros en axudas para actividades das comunidades galegas no exterior

(27/02/2014)

Destinan 900.000 euros en axudas para actividades das comunidades galegas no exterior

Redacción, Santiago | 27 Febreiro 2014 - Crónicas da Emigración

O Diario Oficial de Galicia (DOG) acaba de publicar a resolución pola que se establecen as bases reguladoras e convócanse as subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das entidades galegas no exterior para o exercicio 2014.

Estas subvencións axudan a que as entidades galegas establecidas no exterior ou noutras comunidades autónomas realicen programas de actividades que lles sexan propias e, sobre todo, nas áreas formativas, culturais, de xuventude, así como as que contribúan ao financiamento dos gastos de funcionamento.

O procedemento de concesión das subvencións realizarase en réxime de concorrencia competitiva, respectando os principios de publicidade, transparencia, concorrencia, obxectividade, igualdade e non discriminación, aos que se debe axustar a xestión das subvencións e axudas outorgadas polas administracións públicas.



Programas e liñas

Establécense dous programas, e no primeiro deles dúas liñas distintas. Así, o primeiro programa cínguese ás axudas para gastos de funcionamento e proxectos de actividades promovidos polas entidades galegas do exterior, que abrangue dous obxectos de subvención: financiamento de gastos de funcionamento das entidades galegas (primeira liña), e axudas para proxectos culturais, promovidos pola xuventude, para accións informativas, ou para o cumprimento dos seus fins (segunda liña).

O segundo programa axuda á realización de accións de especial relevancia promovidas por comunidades galegas que teñan como obxectivo a promoción cultural, social ou económica de Galicia ou da propia entidade.

Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para estes programas as entidades galegas asentadas fóra de Galicia que teñan recoñecida a categoría de comunidades galegas ou de centros colaboradores da 'galeguidade'. Segundo se establece na resolución publicada no DOG, o prazo de presentación das solicitudes será de 40 días naturais.

Presuposto

O presuposto xeral que a Secretaría Xeral de Emigración destina neste ano 2014 a esta iniciativa é de 900.000 euros, 100.000 máis que o ano pasado, o que supón un incremento presupostario para esta iniciativa do 12,5%.

O importe máximo subvencionable por entidade peticionaria non poderá superar en ningún caso a contía de 18.000 euros para a primeira liña do primeiro programa, e de 25.000 para a segunda liña do primeiro programa, pero a suma de ambas as dúas liñas non pode pasar dos 33.000. Finalmente, a esa cantidade pódese engadir un máximo de subvención de 10.000 pola segunda liña, de maneira que en ningún caso un único centro pode recibir máis de 43.000 euros en total.

No preámbulo da disposición explícase que "os principios de economía, austeridade e eficiencia na asignación e no emprego de recursos públicos que deben presidir a actuación das administracións públicas determinan que deban buscarse fórmulas que posibiliten unha xestión máis racional e eficiente dos recursos públicos que garanten unha mellor optimización destes. Neste sentido, [a Lei de Galeguidade] establece que a Xunta de Galicia promoverá os procesos de unión ou fusión entre as entidades galegas no exterior, perseguindo así unha optimización non só dos recursos propios, senón tamén daqueles que son facilitados anualmente pola propia administración a través dos correspondentes programas de axudas e subvencións,".

Así, na resolución establécese unha maior puntuación na valoración das solicitudes daquelas entidades que sexan o resultado dun recente proceso de unión ou fusión doutras entidades ou que nos seus ámbitos territoriais teñan a característica de ser as únicas recoñecidas coa correspondente categoría. Deste modo, dáse forma e continuidade ao compromiso do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, de apoiar e favorecer estes procesos de fortalecemento e axeitado dimensionamento das comunidades galegas no exterior.

Compatibles coas de equipamento

Estas axudas engádense e son compatibles coas publicadas tamén no DOG a pasada semana de apoio infraestructural e adquisición de equipamentos, dotadas con outros 600.000 euros, e que perseguen axudar á ampliación, reforma, rehabilitación e conservación das instalacións e/ou patrimonio cultural e, por outra parte, a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Consulta as axudas e subvencións mais importantes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas