GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

'Emigración galega á América', no Centro Galego de Santa Fe

(25/02/2014)

'Emigración galega á América', no Centro Galego de Santa Fe

M. Ruiz, Bos Aires | 24 Febreiro 2014 - Crónicas da Emigración

O Centro Galego de Santa Fe acolleu a mostra fotográfica 'Emigración galega á América', organizada pola Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires. As fotografías, que se expuxeron no vestíbulo central da Estación Belgrano, recollen as historias de emigrantes galegos e españois, en xeral, que dende fins do século XIX e ata mediados do século XX se radicaron en fundamentalmente en Arxentina, Cuba e Uruguai.
As imaxes dan conta das diversas etapas e vivencias da emigración, reflectindo os seus aspectos máis duros pero tamén os proxectos e a esperanza dun futuro mellor.
As fotografías corresponden a actividades ou lugares onde se afincaron os emigrados a Cuba, Uruguai e Arxentina, países onde facía falta man de obra. Entre outras, expuxéronse fotos dun "grupo de señoritas da Casa de Galicia" en Baía Branca, 1924; festa da Sociedade Fillos de Mos, Bos Aires, 1921; reunión da Sociedade de Residentes dos Concellos de Vigo e Lavadores, 1921; Sidra El Gaitero, negocio dun galego na Habana, 1925; alumnos de clase nocturna do Centro Galego na Habana, 1925; almacén de propiedade galega na Habana, 1910,".

 

 

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Xuño 2019
LMMeXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas