GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Un centenar de inmigrantes entran en Melilla tras outro salto ao valo

(25/02/2014)

Un centenar de inmigrantes entran en Melilla tras outro salto ao valo

Medio milleiro de persoas participaron nunha acción que fixo recuar á policía marroquí

O asalto produciuse despois das nove da mañá e foi «moi violento», ata o punto de que membros das forzas de seguridade marroquís víronse obrigados a refuxiarse no espazo comprendido entre os dous valos que separan Melilla de Marrocos.

Trinta inmigrantes foron atendidos por feridas e contusións tras entrar a Melilla. Segundo informou a Delegación do Goberno, os subsaharianos foron atendidos polo médico do Centro de Estancia Temporal de Inmigrantes (CETI), que non estimou en ningún caso o traslado ao servizo de urxencias do Hospital Comarcal.

Quince dos inmigrantes atendidos requiriron puntos de sutura por feridas en distintas partes do corpo, fundamentalmente mans e pés, aínda que só en catro casos tratábase de feridas «máis profundas». Os outros quince foron atendidos por contusións, segundo a Delegación do Goberno.

É a cuarta entrada masiva de inmigrantes a Melilla no que vai de ano a través do valo, a segunda nunha semana despois de que o pasado luns uns 150 subsaharianos accedesen á cidade autónoma, o maior número dos últimos anos.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas