GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Emigración destina 600.000 euros para que as entidades do exterior melloren as súas infraestruturas e adquiran equipamento

(21/02/2014)

Emigración destina 600.000 euros para que as entidades do exterior melloren as súas infraestruturas e adquiran equipamento

Redacción, Santiago | 19 Febreiro 2014 - Crónicas da Emigración

A Secretaría Xeral de Emigración deu a coñecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións correspondentes aos programas de apoio infraestructural e adquisición de equipamentos ás comunidades galegas no exterior.

Esta liña de apoio ás comunidades, recollida no Diario Oficial de Galicia (DOG) desta semana, divídese en dous programas. Un primeiro de axudas para a ampliación, reforma, rehabilitación e conservación das instalacións e patrimonio cultural, e un segundo programa de axudas para a mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable.

O presuposto xeral que a Secretaría Xeral de Emigración destina neste ano 2014 a esta iniciativa é de 600.000 euros. Desta cantidade, 350.000 destinaranse a sufragar o primeiro programa. O importe máximo dos investimentos do proxecto para o que se solicite subvención non poderá superar en ningún caso a contía de 75.000 euros, e o importe máximo que se concederá será inferior a 30.000 euros.

Para o segundo programa de axudas para mellora de dotacións e equipamentos de carácter inventariable, destínanse os restantes 250.000 euros. O importe máximo da axuda que se concederá neste programa será de 12.000 euros.

Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para estes programas as entidades galegas asentadas fóra de Galicia que teñan recoñecida a categoría de comunidades galegas ou de centros colaboradores da 'galeguidade'. Segundo se establece na resolución publicada no DOG, o prazo de presentación das solicitudes será de 40 días naturais.

Apoio ás unións

No preámbulo desta explícase que "os principios de economía, austeridade e eficiencia na asignación e no emprego de recursos públicos que deben presidir a actuación das administracións públicas determinan que deban buscarse fórmulas que posibiliten unha xestión máis racional e eficiente dos recursos públicos que garanten unha mellor optimización destes. Neste sentido, a Lei de Galeguidade establece que a Xunta de Galicia promoverá os procesos de unión ou fusión entre as entidades galegas no exterior, perseguindo así unha optimización non só dos recursos propios, senón tamén daqueles que son achegados anualmente pola propia administración a través dos correspondentes programas de axudas e subvencións,".

Así, na resolución establécese unha maior puntuación na valoración das solicitudes daquelas entidades que sexan resultado dun recente proceso de unión ou fusión doutras entidades ou que nos seus ámbitos territoriais teñan a característica de ser as únicas recoñecidas coa correspondente categoría. Deste modo, dáse forma e continuidade ao compromiso do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e do secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, de apoiar e favorecer estes procesos de fortalecemento e axeitado dimensionamento das comunidades galegas no Exterior.

nAXUDAS E SUBVENCIÓNS
Consulta as axudas e subvencións mais importantes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Marzo 2024
LMMeXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas