GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Os galegos retornados teñen de prazo ata o 30 de setembro para solicitar as axudas de Emigración

(21/02/2014)

Os galegos retornados teñen de prazo ata o 30 de setembro para solicitar as axudas de Emigración

Redacción, Santiago | 20 Febreiro 2014 - Crónicas da Emigración

Os emigrantes retornados que requiren dunha atención perentoria teñen de prazo ata o 30 de setembro para solicitar as axudas económicas que lles concede a Secretaría Xeral de Emigración para facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do seu retorno á Comunidade Autónoma.

O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar a resolución pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión destas axudas extraordinarias, que se fundamentan "en feitos de urxente atención, teñen carácter simplemente paliativo e se destinan a facer fronte a aquelas causas sobrevidas derivadas do retorno que, polas súas circunstancias, requiren dunha atención perentoria na obtención de recursos polos afectados, de modo que alcancen a complementar ou aliviar a carencia de recursos,".

As solicitudes poderán presentarse ata o 30 de setembro, pero a Secretaría Xeral de Emigración estipula un tempo máximo para a resolución de cinco meses, de maneira que un beneficiario non teña que agardar á extinción da convocatoria para poder percibir a axuda.

As persoas que queiran acollerse a esta liña de axudas deberon residir legalmente no estranxeiro un mínimo de tres anos ininterrompidos inmediatamente anteriores á data do seu retorno a España.

Igualmente, é necesario que non transcorrese máis dun ano entre a data do seu retorno a España e a da publicación desta resolución. Esíxese tamén que estea empadroado e teña residencia nun concello da Comunidade, careza de rendas ou ingresos abondo, (computando como tales, todo tipo de rendas, así como as axudas, públicas ou privadas, de natureza semellante ás previstas na resolución), e tampouco posúa bens mobles ou inmobles cuxo valor supere o límite establecido.

Na resolución explícanse de modo detallado os criterios para a baremación das solicitudes, que inclúen conceptos relacionados cos ingresos e recursos económicos da persoa solicitante, a súa situación familiar, os graos de minusvalidez ou enfermidade, ou o feito de que sexa vítima de violencia de xénero, entre outras circunstancias. Así mesmo, a resolución tamén detalla a contía, pagamento e compatibilidade deste tipo de axudas.

nAXUDAS E SUBVENCIÓNS
Consulta as axudas e subvencións mais importantes.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas