GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

O Congreso rexeita retirar a sanción fiscal aos pensionistas retornados, amparado nos votos do PP

(21/02/2014)

O Congreso rexeita retirar a sanción fiscal aos pensionistas retornados, amparado nos votos do PP

Os populares, en contra do criterio do resto dos partidos, votaron en contra da proposición non de lei presentada polo BNG

O PP presentou durante o debate, no seo da Comisión do Pacto de Toledo, unha emenda para que se introducisen campañas de información e divulgación entre os emigrantes, pero sen facer mención expresa ao asunto das sancións.

 

Existen precedentes

A decisión do Congreso prodúcese pouco despois de que se coñecese que Facenda retirara a un retornado de Ourense a sanción alegando que, tal e como está redactada a normativa, pode interpretarse que o cobrado non está suxeito a imposición en España. Durante a súa intervención onte no Congreso, Olaia Fernández Davila acusou ao PP de «ser intolerante cun colectivo de pensionistas e moi xeneroso cos grandes defraudadores».

Aos 20.000 retornados galegos que xa foron obxecto dunha investigación durante o ano pasado por non declarar as pensións recibidas do estranxeiro desde o ano 2008, sumaranse este 2014 outros 30.000 pensionistas que emigraron. Ese é o número de persoas que prevé investigar o fisco en Galicia ao longo deste exercicio, segundo as previsións que manexan os propios traballadores da Axencia Tributaria na comunidade galega.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas