GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A Xunta recorta e restrinxe as súas axudas a emigrantes retornados con poucos recursos

(21/02/2014)

A Xunta recorta e restrinxe as súas axudas a emigrantes retornados con poucos recursos

O Executivo autonómico argumenta o endurecemento dos requisitos en que así non financiará a oriúndos doutras rexións españolas, como viña facendo ata agora

A Secretaría Xeral de Emigración lanzou onte, a través dunha orde publicada no Diario Oficial de Galicia, a liña de subvencións correspondente a este exercicio cun orzamento basee de 100.000 euros, cantidade un 41,2 % inferior á consignada no 2013 (170.000) e tres cuartas partes menor que a reservada no 2007 (400.000). De acordo con fontes do Executivo, tamaña redución obedece a que o ano pasado, do diñeiro total dispoñible, só se consumiron dous terzos. «En todo caso, se fixese falta, ampliaríase a partida nos próximos meses. Iso xa se prevé no texto do DOG», engaden. O documento, en rigor, si abre a porta a esa posibilidade, aínda que só «en función das maiores dispoñibilidades orzamentarias que se poidan producir».

Nesta ocasión, ademais, as normas de obtención de sustento económico reducen o dereito de cobro ás «persoas galegas e nacidas en Galicia que, residindo fóra de España, retornen á comunidade». Ata a data, a devanditos apoios podían optar todos «os cidadán españois que tiveron o seu lugar de residencia no estranxeiro e volvesen a Galicia sempre que, antes de emigrar, tivesen a súa última veciñanza administrativa en Galicia». É dicir, por exemplo, un natural de Madrid que teña pasado boa parte da súa vida en Santiago, logo marchouse ao estranxeiro e agora volva xa non poderá ingresalos.

De pagamento único e concibidos para galegos recentemente retornados á súa terra con ingresos mensuais inferiores a 533 euros, eses subsidios varían na súa contía en función de circunstancias persoais: idade, fillos ao cargo, enfermidades, discapacidade do perceptor... Van de 250 a, en casos extremos, 4.000 euros.

 

Subsidio paliativo creado no 2002

As axudas que a Xunta convocou onte para emigrantes regresados a Galicia «teñen por finalidade axudar a facer fronte aos gastos extraordinarios derivados do retorno á comunidade», segundo as normas que regulan a repartición dos subsidios. «Fundaméntanse -continúan as regras- en feitos de urxente atención, teñen carácter simplemente paliativo e destínanse a facer fronte a aquelas causas sobrevidas derivadas do retorno que, polas súas circunstancias, requiren dunha atención perentoria na obtención de recursos polos afectados, de tal xeito que alcancen a complementar ou aliviar a carencia de recursos». creáronse no 2002.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas