GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

Miranda visitou en Venezuela o Centro Galego de Maracaibo e a Irmandade Galega de Valencia

(19/02/2014)

Miranda visitou en Venezuela o Centro Galego de Maracaibo e a Irmandade Galega de Valencia

Redacción, Maracaibo | 18 Febreiro 2014 - Crónicas da Emigración

Rodríguez Miranda y Fajín Recarey presidieron la reunión en la Hermandad Gallega de Valencia.
Rodríguez Miranda e Fajín Recarey presidiron a reunión na Irmandade Galega de Valencia.

O secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, iniciou o domingo, día 16, en Maracaibo a súa visita a Venezuela para reunirse coa colectividade. O titular de Emigración da Xunta chegou o mesmo día 16 a Maracaibo, estado Zulia, e o luns trasladouse a Valencia, estado Carabobo, e en ambos os dous sitios reuniuse coas directivas dos respectivos centros galegos.

A partir dese mesmo día, sumouse ao programa de actividades do director xeral de Migracións, Aurelio Miras Portugal, con quen coincide en terras bolivarianas.

Na súa primeira escala, en Maracaibo, Antonio Rodríguez Miranda, reuniuse no Centro Galego coa directiva da entidade, nun encontro no que se tocaron temas tan importantes como o da saúde, as pensións, as axudas (culturais e de infraestrutura) tanto dos emigrantes coma das institucións.

O secretario xeral percorreu todas as instalacións en compañía do presidente do Centro Galego de Maracaibo, Alfonso Gómez Barcia, e constatou as excelentes instalacións que ten actualmente a entidade, as cales son dunha grande axuda para todos os emigrantes que fan vida nesta rexión.

Na reunión con Antonio Rodríguez Miranda, enmarcada nun clima de gran cordialidade, ademais do presidente do Centro estiveron presentes outros membros da Xunta Directiva: a vicepresidenta, María Isabel Sánchez; o secretario xeral, Joan Urdaneta; o tesoureiro, Noé Ruedas; o secretario de Relacións Públicas, Víctor Chourio; a secretaria de Arte e Cultura, María Marqués; a secretaria de Festexos, Yira Castro; o secretario de Deportes, Leonardo Rojo; o secretario de Mantemento, Juan Pablo Hernández. Tamén se contou coa presenza dos ex presidentes Sofía Blanca Caramés, Ricardo Santos e Constante Agulla.

Visita a Valencia

Tras a súa visita a Maracaibo, o secretario xeral de Emigración desprazouse o luns á cidade de Valencia, no estado Carabobo, para reunirse coa Xunta Directiva da Irmandade Galega desa cidade. O presidente da entidade, Manuel Fajín Recarey, recibiu a Antonio Rodríguez Miranda, co que se reuniu tras compartir un percorrido polas instalacións da entidade. Ao encontro, sumáronse os demais membros directivos da Irmandade para intercambiar impresións sobre diversos temas socio-sanitarios, de axudas individuais e a entidades e de pensións, entre outras cuestións.

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas