GALEGO | ESPAÑOL

PORTAL DA INMIGRACION NOS CONCELLOS DE GALICIA
ObxectivosIntegraciónFerramentas
-LexislaciónOrganismos-

A UE castiga a Suíza e suspende a negociación sobre Erasmus e I+D

(18/02/2014)

A UE castiga a Suíza e suspende a negociación sobre Erasmus e I+D

É a primeira decisión tras a decisión do país helvético de non subscribir a libre circulación de traballadores croatas

Escrito por:
Europa Press
Bruxelas 18 de febreiro de 2014

A Unión Europea suspendeu as negociacións con Suíza sobre a participación do país alpino nos programas comunitarios de intercambio de estudantes Erasmus+ e no de I+D Horizonte 2020 como represalia pola inminente introdución de cotas a traballadores comunitarios aprobada no referendo da semana pasada. En concreto, a paralización das conversacións responde á negativa de Suíza a asinar o protocolo que estende a libre circulación de persoas aos traballadores procedentes de Croacia, país que entrou na UE en xullo do ano pasado.

«O protocolo foi rubricado, pero aínda non foi asinado. Dadas as circunstancias e en ausencia dun claro sinal político de facelo, as próximas roldas de negociación pospuxéronse ata que Suíza asine o protocolo, afirmou un voceiro do Executivo comunitario, Joe Hennon.

A UE xa suspendeu a semana pasada as negociacións dun acordo sobre intercambio de electricidade con Suíza e paralizou a aprobación dun mandato para negociar un acordo institucional co país alpino.

O Goberno helvético anunciou que de aquí a xuño definirá os prazos para a introdución de cotas aos traballadores europeos e que antes de que remate o ano aprobará a lexislación necesaria para poñelas en práctica. Ao mesmo tiemo, expresou a súa disposición a negociar coa UE.

O presidente da Comisión, José Manuel Durao Barroso, dixo que toma nota das intencións Suízas pero avisou de que a libre circulación de persoas «non» é negociable»

 

 

Novas e Actualidade


Titulares
Histórico


 ACTIVIDADES

Abril 2024
LMMeXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930     
       



 AREA DE TÉCNICOS

 Usuario:
 Contrasinal:
 

 
¿Olvidou o seu contrasinal? | Alta

OBXECTIVOS | INTEGRACIÓN | FERRAMENTAS | LEXISLACIÓN | ORGANISMOS | NOVAS | CONTACTO

(c) 2009 FEGAMP, Federación Galega de Municipios e Provincias :: Texto legal
FEGAMPinmigracion@fegamp.es
Xunta de Galicia

Desarrolo: AVA Soluciones Tecnológicas